Entregados os XXIV Premios da Gastronomía de Galicia

O xurado recoñeceu o labor de varios restauradores na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega”.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 22/01/2018 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

Hortensia Gómez Fraga do Restaurante A Gabeira (Ferrol), Alberto García García, do Mesón de Alberto (Lugo), Mª Jesús Estévez Feijóo, do Restaurante O Coto (Ourense) e Saladina Albar Fernández do Restaurante Casa Otilio (Campelo-Poio) foron recoñecidos polo xurado dos XXIV Premios da Gastronomía de Galicia reunido este luns no concello de Lalín na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega”, que se outorga ás persoas cunha dedicación especialmente destacada na cociña en cada unha das provincias galegas.

Convenio USC
Convenio USC

Javier Olleros, do Restaurante A Culler de Pau (O Grove) foi distinguido como o profesional que máis sobresaíu na potenciación da cociña galega dentro de Galicia e Adolfo Escobar Ferreiro do Restaurante O Recanto (San Sebastián de Los Reyes), pola potenciación da cociña galega fóra do país.

Tamén foi premiada a entidade Padín Eventos pola 'Guía de vinos y licores de Galicia', dentro da modalidade de “empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía e dos produtos galegos”. Finalmente, Bico de Xeado de Granxa O Cancelo, pertencente á Coop. Agraria Provincial de A Coruña, levou o premio ao pequeno produtor galego.

O tribunal estivo formado polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña como presidente, polo secretario xeral do Concello de Lalín e por representantes do Centro Superior de Hostelería de Galicia, da Asociación de Amigos da Cociña Galega, do Club Gastronómico Rías Altas, da Asociación Gastronómica Xantares, por membros de Eurotoques, Lareira e Xantares, polo delegado de Eurotoques en Galicia e por representantes da Asociación Nove Grupo Gastronómico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta