Temas: NAVAL EMPREGO

O plan de emprego do naval: primeiro os traballadores galegos e logo os de fóra

Patronal e sindicatos acordan priorizar no sector a contratación de galegos e desenvolver plans para atraelos e formalos. Din que non se trata de discriminación, senón dun plan "racional e razoable".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/01/2018 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

Primeiro os galegos e logo os foráneos. Esta será a prioridade da industria naval do país na contratación de man de obra. Así o acordaron patronal e sindicatos tras manter unha reunión na que ambas as partes tamén coincidiron na necesidade de desenvolver plans para atraer e formar a traballadores galegos que marcharon a outros sectores ou a outros lugares, e tamén a novos empregados.

Estaleiros de Vigo.
Estaleiros de Vigo.

A patronal do metal en Galicia acordou cos sindicatos cubrir a falta de persoal cualificado priorizando a contratación de traballadores galegos, "e en último lugar aos de fóra", recoñeceron os empresarios trala reunión que mantiveron este luns o secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Enrique Mallón, por parte da patronal; e os sindicalistas Celso Carneiro (CC. OO.), Rubén Pérez (UXT) e César Rodríguez (CIG).

Mallón explicou que esta reunión foi convocada para facer unha diagnose da situación, xa que, remarcou, hai "dificultades" para atopar traballadores cualificados. "É unha necesidade xeral no sector en Galicia, e máis acusada no naval e marítimo", especialmente nas áreas de Vigo e Pontevedra, aseverou.

Así, comentou que a necesidade de persoal rolda os 3.000 operarios no metal, 1.500 deles para a área de naval, sector que está no "inicio" da súa recuperación, cos estaleiros ao 60 por cento da súa capacidade, e prevese que aumente ata o 80 por cento a finais de ano se saen ben as negociacións en marcha.

DISCRIMINACIÓN?

Neste marco, considerou que a industria aínda está "a tempo de atopar a eses profesionais", ante o que dixo que, aínda que non discriminan aos que son de fóra, consideran "racional e razoable" que primeiro "traballen persoas de aquí, que estiveron en empresas da zona que no seu momento tiveron que reducir persoal".

Tal e como apuntou, neste obxectivo están a contemplar a posibilidade de convocar a Mesa de Apoio ao Emprego do Naval —coa administración, inspección de traballo, patronais, empresas e sindicatos—, e ademais reclamou novamente financiamento (público, privado ou mixto) para que se poidan poñer en marcha de forma urxente plans de choque formativos.

O portavoz da CIG, que denunciou que nos últimos anos "non houbo unha política industrial por parte da Xunta", rexeitou que non haxa "profesionais neste sector"; pois, mantivo, "non desapareceron, pero si desapareceron do sector", pois ante a falta de actividade trasladáronse a outros lugares (País Vasco, Asturias, Francia, etc.) ou cambiaron de rama industrial.

Ante esta situación, instaron a "non estar a ver para fóra" para contratar a traballadores cando en Galicia hai "altas taxas de desemprego", e chamaron a poñer en marcha, en colaboración coa administración, plans para atraer e formar o persoal que se foi, así como formar a novos traballadores galegos.

"Primeiro atraer e cualificar, e logo xa falaremos de traer" de fóra, apuntaron os sindicalistas.

"Apostamos por recualificar e atraer aos que se foron" e aos que veñan de fóra hai que esixirlles que "cumpran as mesmas regras do xogo para non volver converter o sector nunha selva", apuntou o responsable de UXT, que animou a "aproveitar estes contratos para ordenar o sector".

Na mesma liña, Carneiro considerou "indispensable o cumprimento rigoroso do convenio" por parte de todos os traballadores, porque "non pode ser que se pretenda empeorar as condicións para cubrir" os postos. Ademais, agregou que os plans de formación deben supoñer unha "garantía de contratación" e débese "asegurar carga de traballo a dous ou tres anos vista".

Temas: NAVAL EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Nexus 6

Fascismo y populismo puro y duro. Eso representan bng, ciga, y satélites. Ya era hora que mostrasen su verdadero carácter. Aplique esto también a la lengua, identidad, promoción cultural etc.. y tendrán el kit del fa cha al completo.

3 xose

xa tan os sindicatos enchendo os bolsillos lamendolle os collons a patronal. menos fotos e decir o que esta sucedendo en vigo onde queren pagar a xente pir debaixo do convenio

2 Cinismo

Eso es discriminacion y el cobstitucional lo tumba

1 Anonymous

"Os galegos primeiro en Galicia"; o mesmo que "los españoles primero en España" dos neonazis de Hogar Social, “Les Français d'abord” da ultradereita ultranacionalista francesa de Le Pen, "Start putting British people first'" da ultradereita ultranacionalista do UKIP no Reino Unido, "America first" do perturbado nacionalista Donald Trump... Malditos chalados, malditas fronteiras, malditas patrias, malditos nacionalismos, malditos racistas e xenófobos. CIG, CCOO e UGT, malditos bas-tar-dos.

1 Malditos galegófobos

Ti si que es supremacista campeón pensar que nunha terra que está expulsando milleiros de compatriotas ao ano non ten que priorizar a volta dos que marcharon nin impedir que sigan marchando. Malditos ni-ni loquitos cosmopaletos xenófobos galegófobos coma ti.

2 Anonymous

Nin dios, nin patria nin lei. Pra iso xa estás ti e os que son coma ti "Maditos galegófobos", ovellas metidas en parcelas, xenófobos por imperitavo. Que noxo dades. Eu respecto persoas, non pasaportes; eu amo individuos, non nacionalidades. Os que xustificades "os galegos primeiro" non vos diferenciades en nada, absolutamente nada, dos neonazis de Hogar Social. Xente coma ti logo sodes os mesmos hipócritas que esixides respecto ao emigrante galego en Europa ou América ou mesmo en Madrid. A ver se vos aclarades as ideas, que as tedes moi turbias, nazionatas de mer-da.