O PP tilda de dictador a Caballero e compárao con Maduro e Kim Jong-un

Os populares denuncian "adoctrinamento político" nun colexio de Vigo "para alimentar o ego do alcalde".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/01/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O PP de Vigo deu este luns un paso máis alá na súa tensa relación co rexedor da cidade, Abel Caballero, a quen comparou, directamente, co presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, e o líder supremo de Corea do Norte, Kim Jong-un. "É o líder bolivariano de Ponteareas", denunciou.

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

As críticas veñen motivadas polo que os populares din que foi un "intento de adoctrinamento político" de nenos dun colexio de Vigo, "para alimentar o ego do alcalde", en referencia a unha visita de Abel Caballero ao CEIP Lope de Veiga a pasada semana, na que os alumnos se congregaron en torno ao rexedor para interpretarlle a canción 'Vaia tío' (que o artista Tony Lomba creou pensando no alcalde).

Nunha rolda de prensa, o secretario xeral do PP de Vigo, Javier Dorado, denunciou que, nesa visita de Caballero ao centro escolar, decenas de nenos foron "obrigados a adular ao señor alcalde", un episodio que cualificou de "bochornoso" e "máis propio dun réxime ditatorial que dunha democracia moderna e desenvolvida".

COREA DO NORTE E VENEZUELA

Javier Dorado apuntou que o sucedido "pódese vivir habitualmente en Corea do Norte, Venezuela e outros lugares similares", e subliñou que, se algo así chega a suceder en Cataluña "estaría a dar a volta a España".

Javier Dorado do PP de Vigo.
Javier Dorado do PP de Vigo.

O secretario xeral do PP vigués enmarcou este episodio na liña doutras situacións como a do "alcalde teloneiro" nos concertos que se celebran en Vigo ou "o alcalde protagonista da Cabalgata dos Reis Meigos"."Agora dá un paso máis no que pode denominarse como o adoctrinamento político máis triste", incidiu.

Nesa liña, Javier Dorado tamén se referiu ás denuncias de veciños sobre o mal estado da auga na zona de Canido, e ao feito de que algúns deles fixeron declaracións á televisión de costas á cámara. "A que teñen medo os vigueses? Teñen medo a represalias?", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Breogán

Cain un dictador e o caudillo un benefactor. Cousas do pepe.

3 Olivo Celta

Viva o noso amado lider Abel Caballero!!!, paladin e protector de Vigo.

2 anonimo

Hime, Caballero non asina sentencias de norte a esgalla, nen encargou asesinar ao seu irmán ( que eu saiba )

1 corem

no os quejeis que lo hicieron en perfecto castejano para la gloria de la gloria

1 Gamela

Levamos 12 anos aturando ao Caudillo de Vigo sen que ninguén faga OPOSICIÓN neste Concello... Ao mellor cando morra Juan alguén vai tomar en serio a APOROFOBIA de Abel Caballero (compartida pola maioría da cidadanía de Vigo Cidade Enferma !!!) https://www.noticiasvigo.es/tras-32...