A Marea Atlántica presentarase ás municipais como partido e non pactará coalición con Podemos

Exclúe calquera tipo de coalición, salvo "con outras forzas de ámbito local e vocación municipalista, previo referendo". Podemos Galicia dixo hai unha semana que promovería as súas siglas, pero agora matiza que non vai ser un "requisito" que figuren nas listas.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/01/2018 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Marea Atlántica, que goberna da man de Xulio Ferreiro na cidade da Coruña, presentarase como partido instrumental ás eleccións municipais do próximo ano e non negociará nin pactará coaligarse con Podemos ou outra formación de ámbito afastado ao municipal.

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro | Fonte: Europa Press

O partido coruñés ultima o proceso coñecido como 'Marea Viva' e que esta fin de semana someterá a votación os textos que renovarán a súa organización interna, o método para a celebración de primarias e a forma de goberno e bases programáticas.

Entre estes documentos atópase a forma xurídica coa que se presentará ás eleccións e que, ao non contar con ningún texto alternativo que o discuta, será con toda probabilidade a fórmula que sairá adiante.

Concretamente, o documento que se someterá a debate di que Marea Atlántica "concorrerá ás eleccións municipais co seu propio partido instrumental e unicamente coa marca 'Marea Atlántica'". Exclúe calquera tipo de coalición, salvo "con outras forzas de ámbito local e vocación municipalista, previo referendo".

Na práctica, isto exclúe calquera relación electoral con formacións como Podemos ou Unidos Podemos —onde está integrada Esquerda Unida—, pero tamén coa propia En Marea, a formación que a nivel autonómico aglutinou aos partidos da órbita 'rupturista' e que emana as mareas locais que irromperon en 2015.

PODEMOS NON SE PRESENTOU EN 2015

Nos anteriores comicios, Podemos renunciou a presentarse ás eleccións municipais, aínda que si participaron no ámbito local apoiando mareas nas cidades e noutras localidades galegas. Con todo, en 2019 está avanzado o pacto de Unidos Podemos, aínda que non é a primeira vez que Galicia é unha excepción.

De feito, a pesar de que os documentos oficiais de Podemos din que a marca debía estar presente, nas pasadas eleccións autonómicas foi o propio Pablo Iglesias o que deu luz verde á incorporación da formación morada a En Marea, cambiando no último suspiro o transcurso dunhas negociacións que xa se deron por rotas.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, asegurou a semana pasada que a formación morada promovería que as súas siglas "aparecesen en todas as candidaturas" nas que participase, en consonancia co aprobado na asemblea de Vistalegre II. Con todo, este mesmo luns matizou as súas palabras ao chamar a "deixar o debate das siglas" e ao asegurar que "non vai ser un requisito" que a marca figure nas candidaturas das mareas municipalistas.

OUTRO TIPO DE ALIANZAS

O que non exclúe este texto é unha alianza con outras formacións municipalistas, o que podería permitir sumar forzas á hora de conseguir mellor representación en institucións como as deputacións provinciais.

Nos comicios de 2015, Marea Atlántica concorreu só coa súa marca, como tamén o fixo Compostela Aberta, en Santiago de Compostela, por decisión das bases. Con todo, a nivel autonómico promoveuse a marca electoral 'Son' a modo de paraugas para aglutinar voto nos diferentes municipios.

Así, esta fórmula permitiu computar que as chamadas candidaturas cidadás lograron 51 concelleiros —onde se presentaron con este paraugas-—, pero quedaron excluídas as principais cidades, e en especial, os máis de 60.000 votos das cidades de Ferrol, A Coruña e Santiago só na provincia coruñesa.

FORMA DE FUNCIONAMENTO MAREA ATLÁNTICA

De novo sobre o documento de Marea Atlántica, o funcionamento interno, explica o texto que se someterá a debate, debe seguir a "lóxica propia do espazo de confluencia, evitándose a conformación de bloques ou sectores". "Os cargos electos da Marea Atlántica serán leais aos acordos e actuarán como unha soa voz, tanto nas súas manifestacións públicas como na súa toma de decisións á hora de votar", apunta.

Ademais, o documento apunta que as asignacións económicas ao grupo municipal, provincial e, eventualmente, metropolitano, como calqueroutro ingreso procedente da participación electoral, deberá reverter directamente na acción da Marea Atlántica.

Pola súa banda, as persoas incluídas no grupo municipal realizarán doazóns mensuais equivalentes ao 5 por cento do seu salario neto, incluídas as pagas extraordinarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 SON DA MAR MEDITERRANEA

mais e mais manobras na oscuridade da mao IZQUIERDA LA UNITARIA, señores a cousa esta clara as ciudades estarán controladas por un.ha autentica minoría de farsantes, son autenticas bandas mediatizadas polas loitas entre o podreiros-marea e izquierda la unitaria-concellos en común, esta todo mesturado, os cartos dos concellos son moi golosinas para os mareantes, queren seguir os inútiles sentados na moqueta, queren seguir coa sua robolucion de veludo, viven ben e comen moito mellor e ti ainda a bocadillos de mortadela o facendo cola diante da cruz vermella e caritas diocesanas, pero vas votar por esta xente mira o que fixeron en Ourense onde meteron a votar a xente do PPePPeiro onde despois derrubaron os galeguistas e nacionalistas, e alguns ainda perdoando a tropa anovada-do podreiro de izquierda la unitaria!!!! DESPREZAN OS GALEGOS E CAEN EN EXPAÑOL... (TROLLES DA MAREA E OUTROS ENFERMOS ELEMENTAIS A LATRICAR)

1 Ferriño

Viva Cartagena

1 Alén

Y Murcia!