Un home atraca unha oficina de Caixa Rural en Begonte (Lugo) e foxe cun botín duns 20.000 euros

Un home atracou este martes, sobre as 14,00 horas, unha oficina de Caixa Rural na localidade lucense de Begonte e logrou fuxir cun botín "de entre 20.000 e 25.000 euros".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2018 | Actualizada ás 21:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home atracou este martes, sobre as 14,00 horas, unha oficina de Caixa Rural na localidade lucense de Begonte e logrou fuxir cun botín "de entre 20.000 e 25.000 euros".

Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que foi sobre as 14,00 horas cando un home encapuchado entrou na oficina cunha arma curta --falta determinar se era real ou simulada-- e ameazou á caixeira.

O home logrou fuxir cun botín, segundo as mesmas fontes, "de entre 20.000 e 25.000 euros". Non houbo feridos e o caso está a ser investigado, á vez que se trata de localizar ao atracador.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta