Abanca gaña 367 millóns en 2017, un 10% máis

Abanca obtivo en 2017 un resultado neto de 367 millóns de euros, un 10% máis que no exercicio anterior, segundo informou a entidade este mércores na presentación de resultados.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2018 | Actualizada ás 11:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Abanca obtivo en 2017 un resultado neto de 367 millóns de euros, un 10% máis que no exercicio anterior, segundo informou a entidade este mércores na presentación de resultados.

O banco destaca que a súa actividade no pasado ano traduciuse en "unha mellora consistente e significativa" dos principais indicadores en materia de rendibilidade, calidade do risco, solvencia, liquidez e dinamismo comercial, o que, asegura, permítelle cumprir os obxectivos estratéxicos que se fixou para o trienio 2014-2017.

O resultado rexistrado en 2017, explica, apoiouse no pulo dos ingresos recorrentes, cunha marxe básica que creceu un 17,6% e na redución de activos improductivos, cuxo peso é só o 2,2% do balance.

Cun "elevado" nivel de capitalización (cociente 'CET1' do 14,6% e folgura de 1.762 millóns sobre os requirimentos), Abanca sinala que afronta "desde unha posición de solidez" as "oportunidades que poidan xurdir" no sector nos próximos exercicios.

((Haberá ampliación con foto))

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta