A viticultura heroica marabilla en Madrid

Balance moi positivo para os viños de Ribeira Sacra en Fitur e en Enofusión. A expedición do Consello Regulador estivo representada, entre outros, polo seu presidente, José Manuel Rodríguez.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 25/01/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Os días 20 e 22 de xaneiro, a denominación de orixe Ribeira Sacra acudiu a dúas citas de importancia para a promoción dos seus viños en Madrid. A primeira parada foi Fitur onde o presidente José Manuel Rodríguez xunto coa técnico Ruth Fernández Vidal, amosaban as belezas paisaxísticas da Ribeira Sacra onde o público asistente se marabillou co tipo de viticultura que se practica nas ladeiras das súas montañas onde os bancais están dispostos en forma de escaleira con desniveis que chegan ata o 85%. Ao rematar a breve presentación puideron degustar un viño tinto novo, da variedade mencía, representativo da maioría dos viños con D.O. Ribeira Sacra.

D.O. Ribeira Sacra en Fitur. Fonte: C.R.D.O. Ribeira Sacra
D.O. Ribeira Sacra en Fitur. Fonte: C.R.D.O. Ribeira Sacra

E este luns,  tocaba visita a Enofusión 2018, un congreso internacional do viño que atrae cada ano a máis de 10.000 visitantes profesionais, entre catadores, cociñeiros, restauradores, distribuidores, prensa especializada e amantes da gastronomía. O presidente da D.O. Ribeira Sacra presidiu o acto acompañado da técnico do CRDORS Ruth Fernández Vidal e da prestixiosa enóloga Isabel Mijares, licenciada en Ciencias Químicas en Madrid e en Enoloxía en Francia cun Master en Enoloxía pola Universidade de Bordeus e diplomada en Análise Sensorial de Viños e Alimentos.

Ela foi a encargada de dirixir unha cata de sete viños Ribeira Sacra que expuxo enfocándoo dunha maneira diferente ao habitual: “tentamos percorrer non só os viños en si, que eran representativos da zona, senón interpretar os porqués da mensaxe de cada viño; é dicir, por que uns viños teñen unha cor ou outra?, por que os matices aromáticos non son os mesmos pero con todo todos responden a unha liña de tipicidade? e todo iso explicándolles as características de cada viño.”

"Chegamos á conclusión de que estabamos errando na maneira de comunicarnos coa xente con explicacións sempre nas que eles sentían que non percibían iso, por exemplo, o cheiro a casis, o cheiro a bardana, a tusilago, e claro, hai xente que non probou nunca nada diso", engadiu. 

A vindeira cita para a D.O. Ribeira Sacra será en Xantar do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro na cidade de Ourense.

D.O. Ribeira Sacra en Enofusión. C.R.D.O. Ribeira Sacra
D.O. Ribeira Sacra en Enofusión. C.R.D.O. Ribeira Sacra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta