Temas: AUGA

Como ensinarlle aos nenos a importancia de xestionar a auga

Máis de 5.000 alumnos participaron xa no programa Aqualoxía e o Certamen literario destinados á concienciación medioambiental.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Como xestionar a auga ou como conseguir economizar e explotar o seu consumo, sobre todo nos últimos tempos que comeza a escasear. Son algúns dos obxectivos de Aqualoxía, un programa de divulgación e concienciación dos máis pequenos no coidado da auga e no respecto polo medio ambiente a través da educación que xa chegou a máis de 3.600 escolares Galegos de 3º curso de educción primaria.

Como aforrar auga en época de seca é unha das principais preocupacións da sociedade actual
Como aforrar auga en época de seca é unha das principais preocupacións da sociedade actual

Esta iniciativa impulsada por Viaqua vai máis aló e implica tamén a centros educativos e estudantes de ESO e Bacharelato/FP nas convocatorias anuais do Certamen Literario “Relatos de agua inteligente”, e no que xa participaron máis de 1.500 estudantes ao longo das súas catro edicións. 

Por iso, un ano máis sumarase á celebración do Día Mundial da Educación Ambiental, que se celebra o 26 de xaneiro, reiterando o seu compromiso co coidado do medio ambiente e no uso sostible dos recursos de auga dispoñibles.

Esta celebración ten a súa orixe en 1975, ano no que se celebrou en Belgrado, o Seminario Internacional de Educación Ambiental e no que se estableceron os principios fundamentais da educación ambiental no marco dos programas das Nacións Unidas. 

Temas: AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta