En Marea esixe á Xunta que pare o campionato español de caza do raposo en Galicia

Rexistra unha proposición non de lei para restrinxir en Galicia os campionatos de caza e cualifica de "delirante" o convenio que o Goberno galego asinou coa Federación Galega de Caza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/01/2018 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Revisar de maneira estrita e científica as xustificacións da necesidade das batidas realizadas nos campionatos de caza antes de autorizalas e retirar todo tipo de axuda económica a este tipo de actividades. Estas son as principais medidas que propón En Marea nunha proposición non de lei que vén de rexistrar no Parlamento de Galicia, na que tamén insta á Xunta a prohibir en Galicia todo tipo de campionatos de caza onde se poidan causar danos de maneira intencionada ou a morte de animais, e limitar a presenza de menores de 18 anos en todo tipo de cacerías.

Raposo morto
Raposo morto | Fonte: Verdegaia.

Estas medias inclúen paralizar o campionato español de caza do raposo, que se celebrará en Galicia o próximo 3 de febreiro, xusto logo da celebración do campinoanto autonómico, en Dozón, que provocou as protestas por parte dos ecoloxistas, que denuncian que se destinen cartos públicos para subsidiar entidades promotoras destas batidas prefixadas no calendario, que se realizan fóra da tempada de caza menor e que mesmo se tentan realizar nas "zonas vedadas", espazos onde teóricamente non se pode matar animais. De feito, durante a celebración das competicións locais apareceu un lobo morto a tiros nunha área protexida. Ecoloxistas e axentes medioambientais relacionaron a morte do exemplar de lobo ibérico coas cuadrillas de caza do raposo.

Francisco Casal, deputado de En Marea, cualificou de “aberrante” o apoio da Xunta e das consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente a estas prácticas. “A matar raposos non nos gaña ninguén, debería de ser o lema da Xunta de Galicia, pois para isto si hai diñeiro”, denunciou Casal.

UN CONVENIO "ESCANDALOSO" E "DELIRANTE"

Como mostra do diñeiro público destinado a estes eventos, a iniciativa de En Marea lembra o “escandaloso convenio“ asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Caza en virtude do que se subvenciona con 28.404,90 euros a organización deste tipo de “matanzas”. Un convenio que está cheo de puntos "delirantes", denuncia En Marea.

Así, pon como exemplo o dedicado a "promover a saúde mental matando animais". En Marea recorda que A Xunta xustifica así este convenio: "O interese público deste convenio radica na necesidade de promover o deporte como elemento crucial no desenvolvemento harmónico das persoas e no seu equilibrio físico e psicolóxico”

En Marea tamén censura que entre as obrigas que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia establece á Federación Galega de Caza para entregarlle máis de 28.000 euros ao ano está "incrementar a práctica da súa modalidade deportiva no ámbito da nosa comunidade, promover o incremento de clubs adscritos á federación e de licenzas deportivas". É dicir, "obriga á Federación a que se cace máis", critica.

Tamén salienta a "delirante" obriga que impón a Xunta aos cazadores de "realizar campionatos e competicións con especial interese ás encamiñadas a mozos e mozas en idade escolar".

Por último, o convenio, subliña En Marea, "obriga a asegurar a presenza da Secretaría Xeral para o Deporte en termos publicitarios", co que "Queda por tanto claro que a Xunta de Galicia non é un simple financiador, senón que é un instigador e promotor dos campionatos de caza de raposo e doutros animais, así como da actividade cinexética en xeral, mesmo entre nenos", sanciona En Marea.

Para esta formación, os campionatos de caza de raposo "non parecen ter nin xustificar ningun obxetivo de xestión da especie", polo que "serían ilegais, en virtude da Resolución de 19 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que desenvolve anualmente a Lei 13/2013 de caza de Galicia".

No seu artigo 15.1.d decrétase que “co fin de apoiar aconsecución da finalidade perseguida polas actuacións de xestión, as persoas titulares do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza poderán autorizar en toda a superficie dos tecores e explotacións cinexéticas comerciais, batidas e esperas ao raposo cando se planificaron e executaron actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente o raposo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Arturo

E increíble que se fagan " campeonatos" de matar animais. Son aficións do Pleistoceno, de xente embrutecida e moi primitiva. ¿ Que gracia ten matar a un probre raposo cunha escopeta ? ¿ Tan brutos son os que fan eso que lles gusta eso ?

1 podreiros e conto chino

Xa estamos, xa estamos o mareantes saindo das sepulturas para "facer algo" no "parlamentiño galego" pero istes mareantes son pouco mártires??? onde estaban os mareantes no primeiro campeonato no carballiño??? NON ESTABAN, e nos outros tampouco!!! cando os autenticos ecoloxistas xunto con animalistas iamos detrás dos cazadores dos raposos con chiflos polo monte, cando a loita era xa de diario, cando faciamos fotos, cando viña a garda civil!!! OS MAREANTES SON APROVEITADORES!!!! NON SE FIEN!!!!- sepan das duas noticias hoxe Ourense en comunismo (ouc) dixo non as mareas de podreiros e hoxe abriuse unha denuncia polo do gas radón, onde mareados denunciaron cobardemente a membros de CIG... eles si que teñen, OS MAREANTES GASES na cabeza!!! A MAREAS ESTA SEGUINDO AS CONSIGNAS DE PODREIROS DE SAIR NOS MEDIOS DE COMUNICACION AINDA QUE NON FAGAN NADA NO REAL, e polo tanto unha oposición DE TEATRILLO DE MONXAS!!!

1 O que queda do BNG

Aburres (b)loquito...

2 Patapum

No Carballiño tivestes sorte.... neste non tentedes o demo... ao mellor a paciencia de algún esgótase e métevos o chiflo polo orto.