Temas: FRíO NEVE

Temperaturas de -2,8ºC en Manzaneda e ondas que superan os 4 metros de altura no litoral

Na Veiga e Carballeda de Valdeoras foron -2,5ºC, en Pedrafita -1,1º e Cervantes -1ºC.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2018 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Os termómetros baixaron este xoves até os 2,8 graos baixo cero na localidade ourensá de Manzaneda, que alcanzou a mínima en Galicia, mentres que as ondas superaron o catro metros de altura no litoral galego.

Ondas. Ondada. Mar. Marea.
Ondas. Ondada. Mar. Marea. | Fonte: Europa Press

Segundo os datos publicados por Meteogalicia, recollidos por Europa Press, tamén se rexistraron temperaturas baixo cero noutros puntos da provincia de Ourense, como na Veiga e Carballeda de Valdeoras (-2,5ºC); e na de Lugo, como en Pedrafita (-1,1ºC) e Cervantes (-1ºC).

Este xoves está activa a alerta amarela por acumulación de neve nas provincias de Lugo e Ourense, onde se esperan cinco centímetros ao redor de 800 metros de altitude e superiores a 15 centímetros a partir do mil metros.

ONDADA

Mentres, segundo os rexistros de Portos do Estado, as ondas no litoral galego alcanzaron alturas de 4,45 metros na zona da boia de Vilano-Sisargas e os 4,28 na de Langosteira.

De feito, este xoves está activada a alerta laranxa no litoral galego polo aumento do mar de fondo, o que fixo que parte da frota queda amarrada a porto sen poder saír a faenar.

Temas: FRíO NEVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta