GC Aberto
Temas: CIUDADANOS

As entrañas da corrupción

As medidas de rexeneración que preconiza Ciudadanos contra a corrupción, na súa dinámica de disparidade, son de aplicación aos seus rivais políticos, pero non así aos membros do establishment empresarial patrocinadores das súas siglas, aos que apoiará aínda sendo parte implícita da trama corrupta

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 28/01/2018

Comparte esta noticia

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

É por iso que aquí non hai individualidades que vallan, pois o certo é que estamos ante un problema estrutural que só é posible erradicar dando un cambio radical ao sistema, xa que a corrupción en se mesma mais alá dunha cuestión de utilidade económica persoal dun político descarriado, é un todo sistémico, unha norma de aceptación xeneralizada, que o conxunto dos partidos políticos do regimen do 78 veñen utilizando de forma habitual como fonte de financiamento, para así,botando man do control institucional. en compensación primar ás empresas corruptoras con adxudicacións de contratos publicos vantaxosos.

 

Por tanto, é evidente que estamos ante unha corrupción estrutural que non accidental, como indiscutible é que para existir corrupción política é imprescindible a intervención de dúas ou máis persoas, cuxa participación , polo menos, haberá de contar con corruptores e corrompidos; iso sí,  ambos corruptos.

 

A corrupción está metida ata a medula na democracia, porque nos últimos 35 anos socialistas e populares na súa alternancia, non só tolerárona senón que coas súas turbias prácticas fixeron que fose crecendo ata ocupar un lugar prominente na vida política. Consolidación que motivou que esteamos carentes de mecanismos de transparencia adecuados para loitar contra esta secuela, facendo que siga tendo carta de natureza o aproveitamento privado do público, no contexto dun sistema que favorece abertamente a impunidade dos corruptos.

 

Pesos pesados do Ibex 35 no ollo do furacán, pola súa implicación en subornos e amaños de adxudicacións de obra publica no contexto de manobras de infracción da legalidade, sen que a pesar dos repetidos escándalos se expurgasen responsabilidades producísense destitucións dos implicados nin investigacións internas sobre os seus actos.

 

A formación laranxa que en aparencia usa como baza a rexeneración a ruptura coa 'vella política', parece non estar polo labor de uniformar criterios en materia de corrupción, polo menos así se deduce da disparidade de trato que expón entre os procesados políticos e os de carácter empresarial, pois mentres que para os primeiros esixe a aplicación de medidas fulminantes exclúe de idéntica disciplina aos membros do establishment empresarial patrocinadores do seu partido, aínda cando como "vinculados á corrupción" debese impedírselles seguir accedendo a contratos públicos.

 

 

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta