O BNG presume de gobernos municipais co rexedor de Pontevedra como modelo

Ana Pontón reivindica o "proxecto sólido, claro, definido e solvente" dos gobernos locais do BNG como "aval" para as municipais. Asegura que o BNG irá "a por todo" nas municipais. "Hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG", apunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2018 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou o "proxecto sólido e solvente" dos gobernos municipais da formación nacionalista en Galicia como "carta de presentación" e "aval" de cara ás próximas eleccións municipais de 2019, nas que avanzou que "irán a por todas" e mostrarase aos cidadáns que existe unha "alternativa" de cara a "desaloxar ao PP" da Xunta de Galicia.

Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG
Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG | Fonte: Europa Press

Ana Pontón presidiu en Santiago un encontro con case 300 cargos municipais nacionalistas co obxectivo de "pór a punto a estratexia para as próximas eleccións municipais". Así, asegurou que o BNG conta cun "proxecto claro, definido e solvente", que ten como "mellor carta de presentación" a xestión realizada nos concellos nos que gobernan, que conseguiron, engadiu, "transformar".

Nesta liña, nun acto no que en primeira liña estaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo pór en valor o "exemplo" que supoñen "hoxe non só a nivel galego senón a nivel internacional" os municipios gobernados polo BNG en canto a reformas urbanas, modelos nos que se priorizan as persoas sobre os vehículos, nos que "se mellora a calidade de vida da xente", "poténciase o comercio local como fonte de emprego e dinamización social" ou se consegue que os veciños se "beneficien do feito de ter o maior número de eólicos por habitante do Estado abaratando a factura da luz, como en Muras".

Con este punto de partida, Ana Pontón avanzou que a formación nacionalista "irá a por todas" nunhas eleccións municipais de 2019 nas que se "traballará desde a humildade" pero "tamén desde a convicción" de dispor de "un proxecto sólido", co "aval dos gobernos municipais do BNG" e "o aval de que os galegos e galegas teñen no Bloque Nacionalista Galego a unha forza política na que poder confiar", porque está "preparada para gobernar os Concellos".

"DESALOXAR" AO PP DA XUNTA DE GALICIA

Pontón insistiu na importancia das próximas eleccións municipais para a formación política, que situou como "a base sobre a que poder darlle unha alternativa aos cidadáns para desaloxar ao PP da Xunta de Galicia".

Os nacionalistas encaran, aseverou, "con todo o optimismo o proceso de elaboración da estratexia" de cara ás municipais, sobre a base dun "proxecto sólido" que se renovará con "novas ideas e alternativas" e que recollerá "a bagaxe de todos estes anos de experiencia nos municipios do BNG", en localidades que, engadiu Ana Pontón, "funcionan razoablemente ben", con "ideas innovadoras" e que os sitúan "no mapa da modernidade.

A portavoz nacional do BNG aludiu tamén ao "modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país" e "que non necesita copiar o que vén de Madrid" e que sostén que os cidadáns xa puideron percibir nas localidades nas que conta con responsabilidade de goberno, como "Allariz e Pontevedra, Carballo, Rianxo, Tomiño, Bueu, San Sadurniño, A Mezquita ou Castrelo de Miño".

Con ese aval, Pontón animou aos concelleiros e ao conxunto da militancia a "porse ao choio" na preparación das eleccións e a "saír a por todas e sen complexos". A dirixente nacionalista felicitou aos responsables municipais polo seu "esforzo e dedicación" e engadiu que "hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG, non é froito da casualidade senón dun proxecto político que funciona desde a confianza no país".

A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos, seguida en cada caso dun debate e posta en común de ideas por parte dos responsables municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

18 Cho-vi-ti-to

Chovi que nick tes hoxe???

1 La pastilla

Te tomaste hoy la pastillita b-loquito

2 Moncho Lareu

Ugh ugh ir con iu é comunista independentista ugh ugh bng espanhol ugh ugh

17 De Valleverde y de Palacios

Me gusta Lores, me gusta el Benegá y me gustan los toros!!! Ser español y sentirse orgulloso de nuestra Raza y tradiciones es lo más grande a lo que podemos aspirar!!! Es una suerte contar con partidos domesticados para controlar las manadas periféricas!!! A por ellos, si se revelan!!! Y con ellos, si muestran mansedumbre!!!

16 estado galego

Gustaríame saber, os que sodes simpatizantes de partidos eststais, por que vos gusta que vos dirixan dende Madrid? Por que o único proxecto que tedes para Galiza e coller o teléfono para recevir ordes da sede dos vosos partidos en Madrid? Sexa Génova, Ferrat ou a Complutente. O BNG ten un proxecto galego propio, non sumiso coma vos. E dende logo o BNG a nivél municipal sabe gobernar, non se pode dicir o mesmo do PP nin de outros. E dende logo está claro que Feijóo é un mal xestor que está a arruinar todos os sectores productivos galegos.

1 sermos mantidos

'E dende logo' o BNG traballa para o nacionalismo español, e ti aínda non te enteraches? E aínda non sabes que no BNG non tedes a exclusiva no soberanismo nin no reparto de credenciais de galeguidade? Pois nada, insistide e acabaredes como aquel concelleiro de Portomarín hoxe alcalde polo Partido Podre, igual que aquela alcaldesa da Bola, a segunda da Cañiza... Ou o voso delincuente do Porriño, o Leiceaga... pasando ao PsoE. Xa sabedes, o sistema sempre vos vai agradecer os servizos prestados ao españolismo. Por certo, a ti tamén te emocionan os touros masacrados na praza? Desaparecido de Paco Vázquez, o grande impulsor da festa española é do BNG e tan panchos!

2 Sermos_mentidos

Todo está moi ben, sermos mantidos. Agora di cales son os proxectos para Galiza dos vosos...os anti-BNG, comunistas independentistas, Nostrus, anónimo e parvadas varias. A ver ho!, que faredes cos produtores de leite que veñen percibindo os prezos mais baixos do estado? que ides facer co naval, onde tiveron que emigrar miles de galegos por política do PPSOE e o seu "Europa dice" de Almunia? que plans tedes para as comunicacións internas por ferrocarril ou autopista ou aeroportos... Onde están os plans que tan diferentes vos farían do BNG?. Dende cando tedes un proxecto de país? Ou é que pensades facer de Galiza un sitio para facer filmes e....para de contar como os de C's? Se falades de que no BNG non hai a exclusiva do "soberanismo" : Cal é o voso soberanismo?

3 sermos agradecidos

Iso de coller un pouco de aquí e outro de acolá, por moito que valore a mestizaxe, non é prato gostoso para min... Logo fica co fascista Nostrus (de Ciudadanos ou de Falange Auténtica), e leva tamén ao Comunista Depedentista da Complutense. Despois fai memoria, quen apoiou a ZP, quen salvou a ministra impresentable chamada Magdalena Alvarez no congreso? O BNG, verdade! E despois de rirse dos galegos! Igual que Camilo Nogueira o eurodeputado do BNG na Sicav de Luxemburgo coa casta do PPsoE! O PPsoE é o sistema que o BNG mantén! Os plans do BNG no bipartito coñézoos moi ben: sabes que pola incompetencia de ordenación territorio, industria e economía tivemos que saír coas empresas de renovables e investir fóra? Sabes que se perderon empregos e ficaron perdidos proyectos por cambios lexislativos?

4 sermos agradecidos

Sigo... Sabes que os fondos de capital risco foráneos eran os que avalaban os proxectos das cooperativas como estrela do BNG? Sabes da Campa no Courel, que deixaron caducar o expediente de ilegalidade sobre a mesa do conselleiro, para non incomodar ao mafioso Martínez Nuñez... Da amizade con Dorribo, colocando directores xerais como Bazarra, e co modélico Lence, que tanto apoiastes, hai gandeiros que non esquecen... E cidadáns, tamén ecoloxistas, que sempre lembraran das minas na Terra Chá, de Reganoxo celebrado en cita privada cun viño español polo conselleiro do BNG e o empresario... De como A Nosa Terra acabou siendo unha estafa para os que participamos... E de Galiza Non se Vende? Si, sodes una vendidos. Outro día falamos dun Partido cos pés na Terra, antes precisas desparasitarte!

5 Sermos_vendidos

Presenta probas de delitos ou cala. A min non me verás falando de supostos, de rumores ou de "cotilleos"; porque tamén eran supostos os que levaron ó alcalde de Mugardos (do BNG) a seren investigado ( e logo exonerado ) cando lle interesaba a algúns que Reganosa deixara paso á de Xixón, por intereses do goberno de Zapatero; tamén, cando Fernando Blanco ameazou con destapar os intereses rastreiros de Ordóñez foi implicado por Dorribo (e logo exonerado) . Iguamente se reteñen independentistas cataláns por "suposicións". Os cotillas do estado sodes iso, cotillas, e non servides para mais. Eu falo de si :TEDES ALGÚN PROXECTO DE PAÍS PARA GALIZA? Ladra, arrabea ou berra, me da igual, a min non me veñas con parvadas.

6 sermos censor

A min ningún pequeno aprendiz de fascista me manda calar. Pois diferencio responsabilidade penal (que debe ser probado, estar nunca determinado código, axeitarse a un procedemento e non prescribir... garantías a medida do poderoso ) con responsabilidade política. Estamos ante feitos demostrados, un a un, todos e máis, e os teus son tan 'inocentes' como Camps, os Baltar, Rajoy, a infanta... Seguro que non o sabías, que ti acreditas na inocencia natural das ratas e nos Reis Magos de Oriente! Meu, non acadas o nivel de decencia preciso para explicarche proxectos alternativos de verdade, logo, como verme que es, desfruta do unto!

7 Sermos_partido

A ti, burato negro dos trolls, pedireite probas de delitos SEMPRE. Non me veñas conque non estamos nun tribunal, porque nin hai prescripción para as probas nin procedementos que valgan. Unha proba non é: brindar con viño español, estimar que se foron as renovables por culpa do conselleiro de Industria (ocultando ós responsables: Psoe, por intermedio de Pachi, PP por intermedio do ministro de industria e Feijóo pola súa teima anti-BNG no plan eólico que foi derrotada en tribunais). Importa pouco o BNG Interesa o plan que tén, contra a inopia dos demáis, interesan os resultados donde puido gobernar con maioría, E importa "desparasitarse" de falabaratos coma ti, que viven de facer campañas absurdas para un "partido cos pés na terra" e contra os demáis; porque os seus non teñen plan ningún. Veña "decente", sigue co teu partido, que os demáis nos conformamos con que non sigan os vosos no poder.

15 GJ Ef

Resumo dos comentarios a esta nova, Fica muito claro que os unionistas nom gostam do BNG. Por algo será..

1 sermos mantidos

E non será que o BNG é unionista: pacta co PsoEspañol dos Caballero & Carmela, do 155, con cal viva e do Gal, da nación cultural e non política, da monarquía borbónica... O señor debe ser doido acreditando nun BNG soberanista que está vendido ao PsoEspañol!!!

14 Mugueime

Ana Pontón, que ben se vive como eterna liberada e profesional da política!!! Non me extraña que defensas o modelo de Lores, alcalde vitalicio, no sistema está o alimento que tanto presta a ti e aos que dirixides o aparato do BNG!!! A cúpula que naceu para estar subida no poleiro e as ovellas mandadas que debemos obedecer o líder que nos pastorea e muxe!!! E aplaudir ou rir as grazas das vosas arengas soberanistas, mentres cos feitos vos prostituides unha vez máis vendéndovos ao PsoEspañol que pacta co Partido Podre e Ciumarranos, todo para garantir o sustento da cúpula de liberados do BNG!!! O BNG ten un prezo, barato, barato, moi asequible para o sistema!!!

1 Per

Criticas unicamente ao BNG,, aos das Mareas non,,,xa que tamen pactan co Psoe e xa non menciono casos, nin criticas ao PP so ao BNG,, estamos apañados,, isto é lamentable.

2 sermos mantidos

Os das Mareas de Podemos son como os do BNG: marcas brancas do PsoESPAÑOL, servos mantidos do sistema que nos esmaga. O lamentable sodes os que indo de "progres" facedes o papel de cómplices necesarios. Bon proveito Per, tedes tragadeiras, e boa tarde de touros subvencionados por Lores en Pontevedra! Compartirás palco con Marrano Rajoy? Abrázao con cariño, estades no mesmo bando!