Temas: PORTUGAL MúSICA

Centos de persoas cantan o “Grândola” no concerto de lanzamento da Associaçom José Afonso na Galiza

Asistiron tamén máis de 50 persoas de Portugal que quixeron vivir este momento que cualificaron de “memorábel”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Nun escenario decorado con caraveis vermellos, artistas como Uxía, Francisco Fanhais, Nao, Cais da Saudade, Falua, Banda das Crechas, Do Fondo do Peto, Tiago Fernandes, Xico de Carinho & Manolo Bacalhau participaron na noite deste sábado no concerto de lanzamento da Associaçom José Afonso na Galiza (AJA-Galiza). Unha noite especial xusto cando se celebran 45 anos da estrea de “Grândola, Vila Morena” en Compostela, canción que logo se converteu no sinal de inicio da Revolución dos Cravos.

Militares durante a Revoluçao dos Cravos, en Portugal, iniciada co Grândola Vila Morena, de José Afonso
Militares durante a Revoluçao dos Cravos, en Portugal, iniciada co Grândola Vila Morena, de José Afonso

Entre outras cancións que rememoraron o traballo do Zeca Afonso, soaron na Sala Malatesta “Utopía”, “Canção de embalar”, “Traz outro amigo também”, “Cantigas de Maio”, “Verdes são os campos”, “Os vampiros” e “Menino do bairro negro”, ademais de temas propios de cada banda, para remataren co “Grândola, Vila Morena” cantado de xeito conxunto. Carlos Blanco e Arancha Nogueira foron os encargados de conducir o evento.

A AJA-Galiza, que vén de asinar un protocolo coa directiva de Portugal para a súa constitución, agradeceu a colaboración dos grupos, da Sala Malatesta, da Casa das Crechas, do Dezaseis e da Gentalha do Pichel, así como de multitude de persoas e colectivos que expresaron o seu apoio para impulsar esta asociación que afondará na vinculación do Zeca Afonso co noso país mediante un labor de investigación e difusión do seu legado. As persoas interesadas en asociárense poden facelo a través da web www.aja.gal

CENTOS DE PERSOAS

Nas actividades organizadas nesta fin de semana, que contaron con centos de participantes procedentes de diversos lugares de Galiza, asistiron tamén máis de 50 persoas de Portugal que quixeron vivir este momento que cualificaron de “memorábel”, pois son sabedoras de que Galiza acolleu ao Zeca Afonso nos tempos en que foi perseguido pola ditadura de Salazar e algunhas delas mesmo o acompañaron nas xiras que fixo nos '70 e '80.

Testemuño da primeira xira por Galicia de Zeca Afonso (dereita), xunto co cantautaro galego Benedicto Garcia Villar, en 1972
Testemuño da primeira xira por Galicia de Zeca Afonso (dereita), xunto co cantautaro galego Benedicto Garcia Villar, en 1972 | Fonte: www.aja.pt.

No programa desta fin de semana destacaron unha recepción institucional, unha cea de confraternización, un acto no parque “Zeca Afonso” e mais unha charla a cargo de Paulo Esperança, vicepresidente da AJA, titulada “Triángulo Máxico na vida e obra de José Afonso África-Portugal-Galiza” onde se referiu a quen foi “un xenio da música e da palabra que conseguiu que anos despois se continúe na loita por unha cidade sen muros nin ameas, con xente igual por dentro e por fóra”, parafraseando a letra de “Utopía”. Ese evento estivo musicado por Francisco Fanhais, presidente da AJA e compañeiro de José Afonso na súas estadías na Galiza.

Até o 28 de febreiro permanece aberta na Casa das Crechas, en Compostela, a exposición “Zeca: o que foi, o que é - unha fotobiografía” para adentrarse na vida deste artista.

Temas: PORTUGAL MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Nexus 6

¿Y cuantos españoles fueron? La mitad Ja, Ja, Ja...

1 Eufrasio

Unha canción monotona das que hai moitas e unha revolución de mentira, pra evitar que os portugueses foran a guerras de Angola, acabadas as guerras, acabou a revolución.

1 Patroclo

Eis um senhor que não sabe nada do que significou o 25 de Abril, e se mostra arrogante o suficiente como para lhe recomendar informar-se