Unha estatua de 60.000 euros públicos acaba no lixo

GC presenta as fotografías que proban como a desidia Parlamento de Galicia permitiu que unha obra de arte pagada por todos remate nun vertedoiro preto de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/01/2011 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

En 2006 o Parlamento de Galicia pagou 60.000 por unha estatua do coñecido arquitecto e escultor compostelán Fernando Blanco. GC presenta agora as fotografías que demostran que a obra de arte atópase nun vertedoiro, no Milladoiro, límite entre os concellos de Teo e Ames.

None

Primeiro éxito de GC Aberto

A publicación destas fotos é produto do lanzamento de GC Aberto, o novo sistema de Galicia Confidencial que permite aos lectores subir noticias directamente. Foi un usuario de GC quen primeiro localizou a creación tirada no lixo.

A estatua comprouse como parte dos actos do 25º aniversario da Cámara Galega. Malia que a Xunta dispón de numerosos museos de arte contemporánea (por exemplo o CGAC, situado a 10 minutos do Parlamento), o Parlamento preferiu botala ao lixo no lugar de restaurala para que seguise sendo parte do patrimonio público. Cómpre lembrar que as obras de arte acostuman a gañar valor co paso dos anos.

O PSOE mercouna, o PP desfíxose dela

O PSOE tiña a presidencia do Parlamento cando se adquiriu a estatua. Segundo declarou a empresa que a fabricou e instalou a El País, en 2008 fíxose unha inspección e presentouse un plan de mantemento.

None

Con todo, a nova presidencia da Cámara, nas mans do PPdeG, decidiu finalmente desfacerse da obra de Fernando Blanco. O diario informou que o Parlamento alegaba que a estatua estaba "podre" e era irrecuperábel.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

4 Xosé

Pois a min non me importaría tela instalada na horta se ma deran. Ata que punto esto non é malversación de caudales públicos? Albiscase cada vez mais a necesidade de que exista unha organización independente que denuncie e persiga aos que despilfarran os nosos cartos.

3 Arturo Diéguez

Fixeron ben! A quen se lle ocorre poñer un corno así diante do Parlamento! Touradas e touriñadas fóra!

1 Arturo Merlín

Home claro, onde estea unha boa "homenaxe ao lacón con grelos" "exaltación do carneiro ao espeto" "glorificación da empanada de millo" ao estilo baltariano/pepeiro que se quite todo. E cunha boa procesión, banda de gaitas e churrascada, levando ao vellos en autocar.

2 Andamolho

Podre ben sei eu quen está,o mesmo que a politica que fan,podremia a moreas.Os nosos cartos o lixo mentres se manipula coa austeridade,non tenhen vergonha nin decencia.

1 VALGAME DIOS

esta sente e paleta, paleta, habia que mandalos o corpiño a lalin a ver si recuperan as neuronas ,pois parece que estan falta delas , que tiren o cuadro de lamazares que ten o feixoo no despacho ,como e pIntado sobre carton ,pra el un carton mais, ou unha escultura de leiro. como e de madeira , po lume , arde ven ,SO DIXERON TODA A VIDA OS NOSOS VELLOS ,DONDE NON HAY NON SE QUITA