Temas: OURENSE

Falece un xogador de fútbol de 58 anos en Ourense tras un partido de veteranos

Sufríu un esvaecemento e os servizos médicos non puideron reanimalo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2018 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Un home de 58 anos de idade, F.R.V., faleceu na mañá deste domingo en Ourense xusto despois de xogar un partido de fútbol de veteranos, co seu equipo, o Palmés, fronte ao equipo da Bola.

Partido de fútbol de veteranos en Ourense
Partido de fútbol de veteranos en Ourense | Fonte: Ourense Deportivo

O home sentiu indisposto ao final do encontro, ao redor das doce do mediodía, segundo informaron fontes policiais a Europa Press. Pouco despois sufría un esvaecemento.

Até as instalacións deportivas de Palmés desprazáronse servizos médicos, pero non puideron salvar a vida do home que faleceu no mesmo lugar.

Temas: OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MARYSX

Até as instalacións deportivas de Palmés desprazáronse servizos médicos, pero non puideron salvar a vida do home que faleceu no mesmo lugar.UEFA CHAMPIONS