Man, o artista de Camelle que morreu de pena polo Prestige, volve á súa Casa-Museo

Nun acto cargado de emoción, o pasado sábado trasladáronse as cinzas deManfred Gnändinger (1936 – 2002) á súa Casa-Museo cumpríndose así un dos seus desexos.

Por Galicia Confidencial | Camariñas | 29/01/2018 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Man, o aleman de Camelle, o artista anacoreta, o símbolo da impotencia contra o Prestige xa descansa en paz. O Concello de Camariñas rendeulle a merecida homenaxe que se merecía en vida con motivo do aniversario do seu nacemento.

As cinzas de Man descansan na súa Casa-Museo
As cinzas de Man descansan na súa Casa-Museo | Fonte: QPC

O acto foi “moi emotivo”, sinala Juan Carlos Canosa – responsable do Museo Man de Camelle -. Alí tamén estaban persoas como “Chita”, veciña e amiga de Man que lembrou que era un “adiantado ao seu tempo” e “a súa vida e filosofía debería de chegar moito máis alá deste pobo, Galicia e España”. Na homenaxe tamén estaban outras persoas relacionadas co artista tales como Mercedes Martín – impulsora da conservación do seu legado – e Simón Vázquez – director do documental “Man home sen paz”.

Tamén presenciaron esta particular homenaxe o sobriño de Man – Clemens Gnädinguer -e o seu irmán que, visiblemente emocionado, deu as grazas polas mostras de agarimo recibidas. Tampouco faltou a parte musical da homenae, que correo a cargo do coro municipal de Mulleres de Camariñas.

Ao finalizar a homenaxe, o irmán de Man trasladou as cinzas do artista a súa casa-museo, acompañado dunha comitiva de máis de duascentas persoas, onde a familia de maneira íntima, se despediu de Man depositando as súas cinzas no interior da casa. Esta particular homenaxe coincidía xusto cando se cumpriron 82 anos do seu nacemento, un 27 de xaneiro de 1936.

Do medio colaborador QPC

O irmán e o sobriño de Man visiblemente emocionados no acto de homenaxe
O irmán e o sobriño de Man visiblemente emocionados no acto de homenaxe | Fonte: QPC
Unha das fotos emblemáticas de Man no seu xardín pétreo de Camelle.
Unha das fotos emblemáticas de Man no seu xardín pétreo de Camelle. | Fonte: Concello Camariñas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 wbE7

Mucha hipocresía, el pueblo de Camelle nunca se portó bien con este hombre.