Temas: CORRUPCIóN PP

A Fiscalía pide reactivar a causa por falsidade documental contra o alcalde do PP de Boborás

A proba escrita sitúa a Cipriano Caamaño, que foi investigado pola legalización dunha vivenda súa, como autor dun certificado para facilitar a legalización dunha vivenda da súa propiedade na Almuzara.

Por E.P. | Ourense | 29/01/2018 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A Fiscalía insta a reactivar a causa contra o alcalde de Boborás (Ourense), Cipriano Caamaño (PP), despois de recibir os resultados dunha pericial caligráfica que sinala ao rexedor como autor da escritura e da firma dun certificado vinculado co caso no que se trataba de determinar se falsificou documentos públicos para facilitar a legalización dunha vivenda da súa propiedade na Almuzara.

Cipriano Caamaño
Cipriano Caamaño | Fonte: galiciaparaelmundo.com.

O alcalde estivo investigado por un suposto delito de falsificación documental, tráfico de influencias e delito contra a ordenación do territorio. A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, inicialmente, arquivara as cuestións relativas a tráfico de influencias e un delito contra a ordenación do territorio.

O pasado 15 de xaneiro decretou tamén o sobresemento provisional da causa na parte relativa a falsidade documental. Con todo, a Fiscalía presentou un recurso e demanda agora que se deixe sen efecto o auto de arquivo provisional.

De feito, pide que, dando por concluída a fase de instrución, se dite outro no seu lugar acordando a continuación das actuacións polos trámites do procedemento abreviado, é dicir, que se fixe o xuízo.

E é que, en relación á falta de indicios sobre a autoría do delito investigado á que aludía a xuíza no seu último arquivo, Fiscalía alude ao resultado dunha pericial caligráfica que ratifica que os documentos públicos clave na investigación por falsidade documental si foron escritos e asinados por Cipriano Caamaño e un asesor.

DISCREPANCIAS COMPARATIVAS "POR FALTA DE SINCERIDADE"

De feito, a pericial dá por feita a autoría e matiza que as discrepancias que pode haber entre o documento inicial e o que se usa como base para comparar "son consecuencia das manifestacións gráficas da falta de espontaneidade e sinceridade, polo que se consideran as concordancias de maior riqueza identificativa a efectos comparativos".

Pendente da evolución do caso, representantes de MoveBoborás criticaron que, a pesar de que o resultado da caligráfica se recibiu no xulgado o 20 de novembro, non só "non se deu traslado ás partes", senón que, a pesar da mesma, a xuíza decidiu arquivar provisionalmente a parte de falsidade documental argumentando "que non había indicios sobre quen podía ser o autor dos devanditos documentos".

Temas: CORRUPCIóN PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta