A Xunta instalará grandes pantallas en 21 concellos para alertar sobre fenómenos meteorolóxicos

Estarán en grandes cidades, puntos do Camiño de Santiago e en zonas da costa galega. A súa instalación custará 215.000 euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2018 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Grandes pantallas para alertar sobre fenómenos meteorolóxicos adversos. Esa é a proposta da Xunta de Galicia para facer fronte a situacións de seca, grandes temporais, chuvias intensas, incendios ou inundacións. Unhas pantallas que serán colocadas en 21 concellos de Galicia.

Beatriz Mato diante de pantallas de Meteogalicia
Beatriz Mato diante de pantallas de Meteogalicia | Fonte: xunta.gal

Así, e segundo puido saber GC, estas pantallas, dun metro de ancho por dous de longo, situaranse en lugares visibles para “mellorar a información á poboación ante fenómenos meteorolóxicos extremos e outros temas de interese e seguridade para a cidadanía”. Estas pantallas dependerán da Rede de Observación Meterolóxica e Oceanometeorolóxica, xestionada pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente.

As 21 pantallas custarán 215.985 euros –8.500 euros sen IVE por unidade--, e contarán cun poste para a instalación, un panel antivandálico e instalación e probas de funcionamento incluídas.  Ademais, deberán estar instaladas en cidades de Galicia, puntos do Camiño de Santiago e en zonas da costa galega. Deste xeito, os lugares seleccinados, ademais das sete grandes urbes, son Verín, Monforte, Baiona, Ribadeo, Lalín, Porto do Son, Riveira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide. 

Ademais,  o adxudicatario do concurso deberá formar ao persoal da Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático no uso dos programas de xestión da información das patallas. Esta contratación será subvencionada nun máximo do 80% con fondos FEDER e dentro do obxectivo “Promover a adpatación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 A verdade

Queridos amigos da esquerda... espero que vos poñades de acordo antes de criticar porque parece ser que os vosos non foron moito mellores http://www.farodevigo.es/galicia/20... é máis, en 4 anos fixeron o mesmo que os outros en 20, eu diría que son ben peores.

3 gin-tonic TV

gobernó infame, manada de hipócritas, mais e mais falsia, mais e mais trapalladas, cousas da frijolesca e xa depaso podían informar das descargas dos "amigos" do narco na costa galega!!!-

2 gin-tonic TV

gobernó infame, manada de hipócritas, mais e mais falsia, mais e mais trapalladas, cousas da frijolesca e xa depaso podían informar das descargas dos "amigos" do narco na costa galega!!!-

1 Anti Ñ

A estragar cartos e a cobrar mordidas para a banda de delincuencia organizada.