Como facer que os máis novos se enganchen á lectura en galego

A Editorial Galaxia lanza o seu segundo Reto Lector para fomentar a lectura entre os adolescentes co envío de vídeos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 30/01/2018 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Editorial Galaxia lanza estes días a segunda edición do seu Reto Lector destinado a fomentar a lectura entre os máis novos. Despois da primeira convocatoria en marzo de 2017, na que se recibiron 35 vídeos enviados por rapazas e rapaces de toda Galicia, Galaxia lanza a segunda edición.

O noso Samaín, libro ilustrado editado por Galaxia nunha imaxe de Lorena Britrott
O noso Samaín, libro ilustrado editado por Galaxia nunha imaxe de Lorena Britrott

Así, poderán presentarse ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos. Para participar, só terán que enviar ao enderezo electrónico galaxia@editorialgalaxia.gal dous vídeos nos que se dea conta da lectura de dous libros da Editorial Galaxia de calquera das súas coleccións de narrativa para todas as idades: Árbore, Costa Oeste e Literaria. Os vídeos non poderán exceder os dous minutos de duración.

Durante eses dous minutos, os participantes deben comentar o contido da obra, os aspectos que máis lles gustaron e as razóns polas que recomendarían a súa lectura. O xurado estará composto polo alumnado da ESO dun centro galego designado pola editorial, e será quen valore todas as propostas fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.

A rapaza ou rapaz gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial para os cinco seguintes clasificados. O prazo de entrega dos vídeos estará aberto ata o día 27 de abril, e o fallo do xurado farase público no mes de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Fartodalingua

O como predicar en el desierto...o como perder el tiempo en tonterías...

1 Fartodosfachas

Para tonterias oirte leer lo que escribes

2 cauto

Tienes razón, son tonterías. Es como la pintura o la escultura: una auténtica estupidez en la que solo amasan dinero los que quieren blanquearlo. O como las vartonis que son un nido de apesebrados.