Detidos dous ultras implicados na morte de Jimmy por ameazar de morte a unha das testemuñas

Os radicais, do Frente Atlético, implicados na morte do afeccionado do Deportivo da Coruña, foron detidos despois de que a vítima das ameazas denunciase o pasado 21 de xaneiro ante a Garda Civil os feitos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/01/2018 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a dous ultras do Frente Atlético implicados na morte do afeccionado do Deportivo da Coruña, Francisco Javier Romeu, alias 'Jimmy', durante unha liorta entre seareiros xunto ao Vicente Calderón, por ameazar de morte por teléfono a unha das testemuñas do caso.

Francisco Javier Romeu Taboada 'Jimmy'
Francisco Javier Romeu Taboada 'Jimmy' | Fonte: Europa Press

Segundo informou a Europa Press un voceiro do Instituto Armado, estas persoas foron detidas despois de que a vítima das ameazas denunciase o pasado 21 de xaneiro ante a Garda Civil os feitos, e estes abrisen un proceso de identificación, como adiantou 'ABC'.

Tal e como informa o mesmo diario, os detidos son Sergio S.M., alias 'Bufalín', de 24 anos e veciño de Alcobendas, e Ramiro G.M., de 33, residente en Parla.

Francisco Javier Romeu Taboada, alias 'Jimmy', faleceu o 30 de novembro de 2014 despois dunha liorta entre ultras do Frente Atlético e os Riazor Blues nos arredores do Estadio Vicente Calderón. Tiña 43 anos e tamén era pai de dous fillos.

Durante a investigación do caso chegáronse a producir até 34 detencións en distintos municipios da Comunidade de Madrid na denominada 'operación Neptuno', pero finalmente o caso arquivouse e os implicados foron absoltos, entre eles os dous detidos.

Así mesmo, en 2016, unha testemuña protexida denunciou ameazas similares ás detonantes desta detención, aínda que, do mesmo xeito que no caso da morte de 'Jimmy', en xullo do ano pasado, a Audiencia Provincial de Madrid confirmou a absolución dos dous acusados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 A verdade

Cando andas con lume acabas queimándote. O "anxiño" Jimmy e os seus colegas eran o paradigma de seguidores do Depor, pais de familia ou non, tranquilos, que ían ao fútbol a gozar do espectáculo, tomar unha cañas e botar unhas risas e, claro, baixaron do bus e por azar petaron con outros "exemplares" seguidores do Atlético, e mira ti, unha discusión típica por ver quen paga unha volta rematou con un no río.... E que hai cada cousa que....

2 Rigor xornalístico

Non son "radicais". Son fascistas perigosos con varios asasinatos e agresións ao lombo. Non foi unha "liorta", senón unha emboscada perfetamente planificada por unha banda paramilitar con persoas procedentes de distintos países. Non frivolicemos. Jimmy non "faleceu": foi asasinado a sangue frío e a sua morte continúa impune.

1 Ángeles Toral Gómez

Absolución por matar a alguien !!!! Y da igual quien fuese esto no es justicia por la muerte de una persona y con hijos yo les metería cárcel y que mantuvieran a sus hijos con todas las de la ley. Me parece indignante. Por que si fuera el hijo del juez me gustaría saber lo que dictamiria. Ya nunca me gustaron los madrileños que se creen los dueños de Galicia cuando vienen a veranear aquí y se creen nuestros dueños. Unos prepotentes de siempre. Ponen toallas en nuestras playas para guardar sitio cuando ni nosotros mismos lo hacemos. Pienso que el juez juzgo más a Jimmy que a sus asesinos. SIENTO VERGÜENZA DE LA JUSTICIA ESPAÑOLA. PADRINO PARA TODO HACE FALTA.!!!!!!!!