Temas: AMES TRáFICO

A estrada que divide unha poboación á metade en Ames une aos sete partidos do concello

Veciños e forzas políticas acordas crear Plataforma veciñal pola humanización da avenida de Rosalía de Castro, no milladoiro, que soporta un dos maiores índices de circulación da Coruña.

Por Galicia Confidencial | Ames | 31/01/2018 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Numerosos veciños de Ames participaron este luns nunha xuntanza presidida polo alcalde para abordar a problemática do tráfico na N-550 ao seu paso pola avenida Rosalía de Castro. Esta estrada é unha das que soporta máis circulación da provincia da Coruña e divide á metade a localidade do Milladoiro, un dos lugares máis poboados deste concello.

O Milladoiro, en Ames, soporto un gran índice de circulación
O Milladoiro, en Ames, soporto un gran índice de circulación | Fonte: Radio Obradoiro

En dito acto participaron os concelleiros e concelleiras dos sete grupos políticos con representación na corporación municipal e medio cento de veciños e veciñas do Milladoiro. Con esta xuntanza activouse un acordo alcanzado entre as sete forzas para dar resposta a esta situación.

Tras máis de dúas horas de reunión acordouse a creación dunha Plataforma veciñal pola humanización da avenida de Rosalía de Castro. Unha plataforma con presenza de representantes de distintas forzas políticas e na que se tratarán as iniciativas a levar a cabo no futur como mobilizacións, regulación semafórica, control de velocidade ou recollida de sinaturas.

IMPACTOS

Ademais, acordouse facer un estudio de impacto ambiental e acústico, incluír a construción dunha senda peonil ata Santiago de Compostela dentro das reivindicacións ao Ministerio de Fomento e analizar outras experiencias de cidades que xa pasaron por unha situación parecida

Por último, na xuntanza embrouse que a corporación municipal solicitou unha xuntanza co Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e instouse á Xunta de Galicia e á conselleira de Infraestruturas para que medie entre as dúas administracións, o concello e o ministerio, na procura dunha solución o máis rápida posible.

Temas: AMES TRáFICO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta