GC engánate coa escultura

A escultura polo que Parlamento de Galicia pagou 60.000 euros en 2008 non está tirada nun vertedoiro do Milladoiro. As fotos que publicou Galicia Confidencial (GC) son unha montaxe.

Por Walter Burns | | 16/01/2011

Comparte esta noticia

¿Como explicas senon que a 'prensa seria' non publicase nada?

Cero, nin unha liña sobre a escultura de Fernando Blanco que se oxida entre as silvas da parte de atrás dun concesionario de coches. Compróbao ti mesmo en Google News, que agrega todas as noticias da práctica totalidade de medios impresos do país.

Por moito que El País publicase no  verán que a presidencia do Parlamento, nas mans do PP,  decidira sentenciar a obra, encargada cando mandaba o PSOE, á ferralla. Por moito que digan que un internauta alertou do descubrimento a través do novo GC Aberto. Por moito que haxa xa centos de comentarios en redes sociais e blogs. Por moito que entrara na portada do Chuza e do Menéame. Por moito que calquera poda vela e tirarlle hoxe unha foto no descampado.

É unha montaxe porque unha das características que distingue á prensa galega é o seu inquebrantábel compromiso coa denuncia dos abusos públicos. Son os diarios os que alimentan a acertada política de "austeridade" e total transparencai do noso Goberno Feijó09.

Botar ao lixo aos catro anos unha obra de arte pola que se pagaron 10 millóns das vellas pesetas é unha decisión que nin sequera xustifica a escusa de a estrutura de metal estaba "podre", porque o Parlamento recibiu polo menos un orzamento para rehabilitala.

Ningún editor con sentido negocio deixaría pasar unha historia así se foxe certa. Ningún director libre pasaría de mandar aos seus fotografos a rastrear a fronteira entre Teo e Ames. En ningún país normal pasaría algo así, e Galicia é un país profundamente normal.

Por iso GC mente. Por iso as 20.829 persoas que xa listedes a noticia do GC fostes enganados. Vós credes vela, pero a estatúa non está aí.

Estatua do Parlamento de Galicia tirada nun vertedorio do Milladoiro / Foto:GC

 

Estatua do Parlamento de Galicia tirada nun vertedorio do Milladoiro / Foto:GC

 P.D.: Ao día seguinte da publicación desta peza, a edición galega de El País publicou fotos propias da obra nas silveiras citando á fonte orixinal do contribuídor de GC Aberto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Walter Burns Walter Burns foi editor xefe do "Chicago Examiner", unha das cabeceiras máis populares na capital dos grandes lagos no comezo de século. Formou un dos mellores tándems do xornalismo norteamericano canda o afamado reporteiro Hildy Johnson.