Prisión provisional e sen fianza para os seis detidos en Vilagarcía cun alixo de 38 quilos de heroína

O titular do xulgado número 2 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para as seis persoas detidas o pasado domingo no operativo contra o tráfico de drogas, que se desenvolveu na comarca arousá e no que se incautaron 38 quilos de heroína.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2018 | Actualizada ás 19:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O titular do xulgado número 2 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para as seis persoas detidas o pasado domingo no operativo contra o tráfico de drogas, que se desenvolveu na comarca arousá e no que se incautaron 38 quilos de heroína.

Os seis detidos, cinco de nacionalidade búlgara e un cidadán galego residente en Bélxica, prestaron este mércores declaración ante o xuíz que instrúe a causa.

Logo da súa comparecencia e despois de recibir a orde do seu ingreso en prisión os detidos quedan agora a disposición da Audiencia Nacional, que é quen dirixe esta causa, a cal foi declarada secreta.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta