As empresas non son só cousa de homes

Deputación, Concello de Lugo e AELU poñen en valor o traballo das empresarias da provincia cos Premios Son Muller 2018.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 01/02/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A empresa non é cousa de home. E para que quede claro a Deputación de Lugo, o concello e a AELU (Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo) acaban de poñer en marcha a I edición dos Premios Son Muller para promover e potenciar a participación da muller no entorno económico e social lucense. 

Emprendedoras no Pont Up Store
Emprendedoras no Pont Up Store

Este certame está destinado a emprendedoras e empresarias da provincia de Lugo, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia de Lugo e estean dadas de alta como autónoma ou ser parte dunha sociedade empresarial. No caso de concorrer como empresa e esta conte con máis dun socio será necesario que polo menos o 51% do capital social o ostenten mulleres. Ademais todas as participantes deberán estar ao día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.  

A Deputada de Benestar Social e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, e a Presidenta de AELU), Beatriz Varela Regueira, presentaron este mércores a 1ª edición deste premio. Así, Izquierdo destacou que as mulleres empresarias de Lugo axudan a “dignificar o rural, que contribúen así a frear a sangría demográfica”.

CATEGORÍAS

Os Premios Son Muller organizados pola Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo, contarán con 3 categorías. Na primeira, Empresaria rural, trátase de destacar proxectos de mulleres en Concellos rurais baseados en actividades agrarias e complementarias, agroalimentarias, turísticas, industriais, así como, actividades ou actuacións que recoñeza a súa labor no medio rural, da provincia de Lugo.

No segundo, Empresaria, destacaranse as actividades dende hai máis de 42 meses dentro do sector rural. Valoráranse positivamente os currículos con ampla experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación do mesmo.

O terceiro, Emprendedora, centrarase en proxectos empresariais non superiores aos 42 meses. Teranse en conta con espírito emprendedor, a creatividade e innovación, o grado de definición do produto ou servizo, a creación de emprego feminino, así como a orixinalidade no sector.

PREMIOS

Os Premios Son Muller 2018 contará cun xurado estará formado por representantes da Xunta Directiva de AELU e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, empresa e sociedade lucense. O xurado será responsable de seleccionar as candidaturas gañadoras. 

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller poden inscribirse en www.empresariaslugo.org a partir de mañá e ata o 1 de marzo. Toda as bases e información sobre o certame atoparanse en dita páxina web e no 982 22 69 91. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta