Temas: ANGROIS RENFE TREN

O xuíz investiga a dous cargos máis de Adif polo accidente de Angrois

Trátase do xerente da área de seguridade na circulación do noroeste, Fernando Rebón Sartal, e ao xefe de inspección desta xerencia, José Antonio García Díez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2018 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O xuíz que investiga o accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013 citou como investigados a dous cargos máis de Adif: o xerente da área de seguridade na circulación do noroeste, Fernando Rebón Sartal, e ao xefe de inspección desta xerencia, José Antonio García Díez.

O tren Alvia, instantes despois de descarrilar na curva de Angrois
O tren Alvia, instantes despois de descarrilar na curva de Angrois | Fonte: Europa Press

Nunha providencia con data de este xoves 1 de febreiro á que tivo acceso Europa Press, cítaos para declarar o próximo día 7 de marzo ás 9,30 e ás 11,30 horas, respectivamente.

Ademais, o instrutor da causa cita como testemuñas a varios técnicos da unión temporal de empresas (UTE) que conformaron Thales e Dimetronic (actual Siemens) para fornecer o sistema de sinalización e control da liña na que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas, a un de Bombardier e a dous cargos de Renfe.

Por último, determina que debe recibirse declaración como peritos ao experto Ángel Luís Sanz Cubero e a Pilar Calvo Folgado, que realizaron informes encargados polo avogado do maquinista, así como a Antonio Puyol Gómez e Esther Mateo, que fixeron o propio para Adif.

Temas: ANGROIS RENFE TREN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dalle que libras

E para cando ó ministro Catalá ?