As administracións públicas, Google e Ikea, os que menos respectan a lingua galega

A Mesa presenta o balance anual de 'A liña do galego', a ferramenta para velar polos dereitos lingüísticos. As institucións que dependen da Xunta son as que máis queixas acumularon en 2017.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/02/2018 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Máis da metade das queixas que tramita A Mesa pola Normalización Lingüística sobre problemas de atención ou mal uso da lingua galega teñen que ver coa administración pública, tanto central como local e autonómica. Entre as empresas, Google e Ikea son as que rexistran maior número de denuncias. Estes principais datos que se extraen do balance anual da ferramenta 'A liña do galego', o servizo da Mesa para recibir opinións, tanto negativas como positivas, sobre o respecto aos dereitos lingüísticos no ámbito privado e público.

A Mesa presenta o balance anual da liña do galego
A Mesa presenta o balance anual da liña do galego | Fonte: Europa Press

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, presentou este sábado os resultados referentes ao pasado ano, acompañado por Celia Armas e Elsa Quintas.

A Mesa abriu en 2017 un total de 289 expedientes de queixas, 20 de consultas e 54 felicitacións a través de chamadas telefónicas, correos electrónicos e mensaxes na aplicación móbil de 'A liña do galego'.

Entre as queixas destacan as relativas a "discriminacións e exclusións lingüísticas", cun 38 por cento, seguidas polas que denuncian a deturpación da toponimia (28 por cento) e pola "negación" a ser atendido en lingua galega (14 por cento).

OS ORGANISMOS DA XUNTA, OS MÁIS DENUNCIADOS

Queixas contra administracións e entidades públicas, e empresas privadas por discriminación ou mal uso da lingua galega no ano 2017
Queixas contra administracións e entidades públicas, e empresas privadas por discriminación ou mal uso da lingua galega no ano 2017 | Fonte: Mesa pola Normalización Lingüística

Máis da metade destas denuncias, un 56 por cento, proceden do ámbito da administración pública, sendo as institucións que dependen da Xunta as que máis queixas acumulan cun 47 por cento, polo 31 e o 22 por cento que se reparten a local e a central, respectivamente.

Con todo, os concellos concentran un 27 por cento dos expedientes dirixidos á administración pública, mentres que o Sergas faino nun 20 por cento e a Xunta de Galicia nun 15.

A directora de 'A liña de galego', Celia Armas, puxo o foco en que "quen debe velar polo cumprimento" da lei de normalización lingüística, como é a administración pública, é "a maior incumpridora", aínda que tamén incidiu en que no sector privado "queda moito por avanzar".

EMPRESAS PRIVADAS

En canto ás entidades privadas,  as empresas que reciben o maior número de queixas son, por esta orde, Google, Ikea e Abanca, seguidas de Movistar e o Banco Santander, así como El Corte Inglés. A Mesa tamén salienta a exclusión xeralizada do galego nos seguros denunciados recentemente.

Por outra banda, A Mesa anunciou que creará un indicativo para sinalar os establecementos que reciben boas referencias polo emprego do galego.

"POUCAS NORMAS" AMPARAN O GALEGO

Así as cousas, entre as conclusións que A Mesa extrae sobre este balance anual resalta que a realidade "obriga" ao usuario a "renunciar" ao uso do galego "cando se dirixe á administración ou as empresas que prestan un servizo" que, "en moitas ocasións", mesmo cometen "coaccións evidentes".

Ademais, apuntan que a Administración autonómica, "con funcións e competencias" para garantir os dereitos lingüísticos do galegofalante, "non só abdica da súa responsabilidade senón que é a primeira en incumprir as súas propias normas".

Deste xeito, A Mesa insta á Xunta a tomar exemplo dos gobernos vasco e catalán e sinala que, de existir unha "sensibilidade" desde a administración de Galicia similar á de Euskadi e Cataluña, o respecto á lingua propia na actividade empresarial tamén sería "diferente".

Nesta liña, denuncia que "as escasas disposicións que amparan o galego" se incumpren "día a día", o que contrasta co "cumprimento rigoroso das 500 disposicións que obrigan ao uso do español".

Por iso, A Mesa pola Normalización Lingüística chama á cidadanía a "rachar a normalidade e impunidade da exclusión do galego" a través de denuncias e reclamacións "dentro e fóra" das fronteiras de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 nostrus

A la Mesa hay que desenmascararla de una vez por todas porque lo que persigue no son los derechos lingüisticos sino la evangelizacion lingüistca de los gallegos a base de aumentar el numero de gallegohablantes de modo que algunos gallegos cambien su chip lingüistico. Si le importaran los derchos lingüisticos se solidarizaria con Galicia Bilingüe. A la Mesa nadie se le entromete en lo que ellos discriminan al español. La Mesa es una organizacion fascista si entendemos al término fascista como organizacion totalitaria e intolerante.

1 Valdeorras Nazón

Además te falta comentar que A Mesa es un chiringuito con unas cuentas más que opacas que recibió numerosas subvenciones a lo largo de su siniestra historia.

2 comunista independentista

A evanxelización lingüística é a que levades facendo os supremacistas españonazis dende o século XV con persecucións, violencias e censuras. Así é que todas as galegas temos parentes que foron agredidas nas vosas escolas franquistas por se lle escaparen palabras en galego. Fascistas!

3 anonimo

E ademais os da mesa non van a misa, e o outro día vin aun deles dándolle o cambiazo a un vello co voto das eleccións, e vannos quitar as pensións, e mais cousas que non digo porque non quero.

4 Cipollina en Tabarrarnia

Eu non sei se ata non remeteran tuis e sofpapers y no te estaran en complos rarunos deses.

5 demócrata

quien no quiera ser español le saldrá caro. un español tiene derecho a no querer ser educado en otras culturas vernáculas. esto no es canadá, ni suiza, ni cataluña.