"Sabemos que grababan altos cargos e xefes de prensa"

Miranda, número 3 do PPdeG, comprométese nun presunto escándalo de espionaxe ao BNG durante o bipartito sobre o que GC publicará novidades proximamente.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/01/2011 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia inisiste no supoto caso de espionaxe de cargos públicos do BNG por parte dunha Fundación controlada polo PSOE durante o bipartito. Faino cunhas declaracións do seu voceiro nas que cuestiona "cánto diñeiro de todos os galegos gastou o PSOE en investigar ao BNG na Xunta e se segue facéndoo nos concellos e deputacións".

Antonio Rodríguez Miranda asegura que “sabemos que grababan a altos cargos, que vixiaban a xefes de prensa". "¿Que máis facían cos cartos de todos?, preguntouse hoxe en rolda de prensa en Santiago onde lanzou estas durísimas declaracións.

None

O PP escinifica que non coñece o informe

O número 3 do PPdeG lembra que esta fin de semana "se coñecía que a Consellería de Economía do bipartito encargara un informe a unha consultora externa para que analizase a labor dos xefes de prensa da Xunta". A consultoría que Miranda non quere citar é Torres y Carrera, que traballa a miúdo para numerosas administracións. O eufemismo "se coñecía" oculta en realidade a filtración do informe por parte da Xunta a La Voz de Galicia, que se fixo eco este domingo.

Con todo,  Miranda apunta que o PPdeG "non coñece ese informe en profundidade e, por iso, pedirá por rexistro ese documento ao Goberno galego para poder determinar o alcance da investigación realizada".

GC publicará nas próximas horas unha nova información sobre este presunto escándalo de espionaxe con cartos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

14 Pardo de Cela

Imos ver. Qué ten de malo que este home denuncie unha falcatruada por PsoE?. Estádes todos pagados por Méndez Romeu?. Galicia non merece este desgoberno do pp, claro que non, pero, témos todos que calar coas falcatruadas do PsoE, de Caballero, Losada, Vázquez e compañía?.

13 faneca brava

Neste pais o que si sabemos que un diputado manchou as suas mans papando pola cara uns poucos cartos , non mo quero imaxinar ó fronte de jrandes sumas , e tendo toda a cara do mundo ou que nos tome por parvos que sejuramente é polo que nos toman sija tan tranquilamente no seu posto.Sres do PPdG faja coma fixeron co Rajoy e mandenno para Madri que alo hai cartos a esjalla para papar.

12 anonimo

Y este Miranda tiene la cara de hablar de despilfarro, a este lo pillaron en esta legislatura mandando dietas falsas de transporte. El muy cara devolvió el dinero pero ahi sigue, en otro pais se habria largado para casa o lo habrían largado. hay que tener mooooorrrooo.

11 Minte, manipula, terxiversa

O ABC dí: No obstante «la TVG sigue en unas cotas de audiencia tan bajas que las trastadas (sic) que se puedan hacer apenas tienen trascendencia» ( http://www.abc.es/20110118/comunida... E Domingos Asange escribe: "Pero aunque se lograran abrir más camino algunas consignas políticas de las consellerías socialistas en los medios de comunicación públicos, el informe detalla que las cuotas de audiencia eran tan bajas a la altura de abril del año 2007 «que las trastadas que se pueden hacer apenas tienen trascendencia», señala". E eu pregunto, son dous informes diferentes ou estamos ante unha manipulación, terxiversación e mentira propia do Domingos Asange, ése que primeiro pon o titular e logo inventa os datos para que confirmen a consigna.

1 Porco Jones

Anda con olho amigo. Ler o ABC é moi perigoso para a túa estabilidade mental, vexo que polo de agora mantés a túa saúde mental pero....estás a xogar con lume....xDDDD

10 Pepito

Toñito,...eso ¿dixéroncho?. Anda, home, do que si hai probas é da túa falcatruada, e por certo ¿devolviches os cartos das dietas?¿tamén tés probas diso?, pero para a pobo as probas teñen que ser "en profundidade".

1 Difamar

Oooomé claro, e que é outra paiasada máis de tontito de Allariz, así se entende o tema. O certo é que a este chiquilicuatro lle pagamos o soldo para que ande vaguenando en vez de buscar o desenvolvemento económico de Galiza, os do PP son uns desgraciados e logo quéixanse de que os agreden...e que as buscan eles mesmos.