O ministro de Fomento defende o veto ao traspaso da AP-9 porque "é da rede estatal"

De la Serna sinala que "se chegou a pedir a liberalización da peaxe" e advirte que isto suporía "miles de millóns de euros"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2018 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, mantén a súa defensa do veto do Goberno central ao traspaso a Galicia da AP-9 porque "é unha autoestrada que é da rede estatal e o Estado ten que ter competencias". "Así o establece a lei", resolveu.

De la Serna
De la Serna | Fonte: Europa Press

Preguntado nunha entrevista na Cadena Ser, De la Serna explicou que o Executivo de Mariano Rajoy "mantén" as competencias nesta autoestrada, pero "desde logo" o fai "cun contacto e un diálogo permanente co territorio".

Neste sentido, apuntou á existencia dunha comisión mixta "que toma decisións sobre a xestión" e que "serviu por exemplo para que se poidan asumir os gastos correspondentes a unha bonificación que estaba a levar a cabo a Xunta de Galicia", polos tramos O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala.

Tamén a través desta comisión "está a abordarse agora o asunto de Redondela", apuntou, en referencia á resposta favorable do Ministerio á petición da Xunta de eliminar a peaxe na AP-9 no percorrido entre esta localidade e Vigo. Dita gratuidade, con todo, será compensada na tarifa que se paga por circular no resto da autoestrada.

"Estamos a tomar decisións en coordinación coa Xunta pero a responsabilidade é nosa", profundou na súa resposta o titular de Fomento, para a continuación referirse a que "se chegou a pedir a liberalización da peaxe, como se pide tamén noutros lugares", e apuntar que isto "supón miles de millóns de euros".

O VETO

Os grupos con representación no Parlamento galego, PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG, aprobaron por unanimidade unha proposición de lei para debater no Congreso a transferencia da AP-9.

Con todo, a Cámara Baixa, que preside a deputada do PP por Pontevedra Ana Pastor, a través da Mesa, asumiu a "desconformidade" do Goberno español e rexeitou que o pleno tomase en consideración esta iniciativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Cinismo

Porque el presidentes es un cobarde y se llama rajoy despues se queja que lo declaren persona non grata nunca vi tanto odio contra galicia como el de este señor que chipo de galicia porque edta para chupar sin trabajar un pu to vago

1 Anti..

Iso só o fai con galiza gobernada polo feixón nos demais non ten o...