Cando os viquingos sementaron de caos o Reino de Galicia

O século XI estivo marcado pola debilidade de reis e nobres e polos cruentos ataques normandos que fixeron de Galicia un dos grandes teatros de operación bélica de toda esa época. Os nórdicos puideron mesmo ter unha base de operacións na antiga Gallaecia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/02/2018 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Quen eran os que as crónicas recollen como normanni, leodemanorum, lotmanes, lormanes ou laudomanes?. Hai quen di que eran piratas de procedencia diversa (colonias de nórdicos asentados en Irlanda, Francia ou Dinamarca), e non só de Escandinavia, que chegaron a Galicia en busca de riqueza. E semella que a atoparon.

Recreación dun ataque viquingo
Recreación dun ataque viquingo | Fonte: HdG

Hai poucas fontes para coñecer o que fixeron estes guerreiros en territorio galego pero semella, polas poucas informacións que hai, que o século XI foi cando máis actividade guerreira tiveron no país coa posibilidade de ataques simultáneos por diferentes bandas de viquingos. 

Tal e como relata o historiador Suso Vila no portal especializado Historia de Galicia, chaman a atención os numerosos e constantes ataques referenciados na primeira metade do século XI desde o saqueo de Tui --que tardou máis de 80 anos en recuperarse-- ata a batalla contra os viquingos que libra o bispo compostelán Cresconio. “Movémonos por acontecementos sen datas precisas só aproximadas e sinaladas polos reinados de Afonso V, Vermudo III e Fernando I, coas súas minorías de idade e debilidades dos seus gobernos”, indica.

Ademais, apenas existían poboacións costeiras no noroeste peninsular, só as vellas sedes episcopais como Tui ou Porto mantiñan a súa relación co mar. A foz dos ríos como o Ulla, o Miño, o Douro ou o Ave, entre outros, permitían as incursións de piratas no interior do territorio desde bases seguras no mesmo litoral deshabitado de Galicia.

ULFR O GALEGO

De tal xeito entre 1028 e 1055 teríamos dúas informacións que relacionan a Galicia e aos viquingos aínda que dun modo xenérico: o bispo compostelán Cresconio e a súa victoria sobre piratas nórdicos durante a súa prelatura (1037-1066) e os vencellos con Galicia dun xefe danés, Galizu-Ulfr ou Ulfr o galego, cuxa actividade pirática comezaría cara a 1028 .

Ademais, Vila indica que a foz do Miño puido ter servirdo de base estacional para diferentes grupos de piratas e mesmo unha localidade como A Guarda puido ter orixe a fins do século XI ou comezos do XII como fortaleza que protexese a entrada no territorio miñoto. O xeógrafo musulmán Al-Idrisi xa menciona a fortaleza de Abuwaqa no Miño antes do ano 1154 e cuxa homofonía nos lembra a A Guarda, nome xermánico que está vencellado á protección do lugar. Podes ler a súa extensa reportaxe en HdG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Odin eu creo no walhala

TRISTE EXPAÑOLISMO DESCONTROLADO, o que eu digo queren ser africanos, Galiza e europa, polos celtas, polos suevos e polo camiÑo de Santiago, a nosa cultura e o noso pobo son europeos, eles son de mangalucia califal (africa) do expañoleterismo (africa), do viva expaña, do iberismo (africa), queredes arrasar Galiza triste pandilla hibridada, triste banda de mutantes que perdeu os seus xentes bos polos seculos dos seculos.... soamente podo esperar que un dia veña o deus THOR es os faga unha anal-asis, que o necesitades si con urxencia, proctocoloxica, e que os a faga co martelo petandous un pouco no "bull" - - https://www.youtube.com/watch?v=v7M...

1 expaña e sefard e porcallada

Xa estamos, xa estamos desprestixiando os pobos nórdicos e arios de europa, os que sementaron o caos e o ladroecio sempre foron os expañolentos e os poderosos de sempre, os nórdicos viquingos se asentarían e fundarían un reino como o de Sicilia, un reino coma nornmandia, ou un reino como o ruso (Kiev-novgorod) polo visto Rusia viene do verbo raus que significa remo do drakar do barco viquingo, ou un.has colonizacions como en america, Groenlandia, Islandia, etc... non todos eran "piratescos" eran colonizadores e grandes mercaderes tamen... na Galiza houbese sido un.ha nova liberdade un.ha nova independencia como o reino suevo... o mellor seriamos todos independentes e teriamos como deuses a odin, Thor e demais... estaríamos mellor mais europeos, asi pois non teriamos tanto ladroecio e descontrol e caos como temos agora!!! (e sin necesidade de piratas da ria de vigo 5)

1 nostrus

A España porca que ti mencionas é precisamente a que representan os españoles coma ti, españoles renegados e nacidosmal que sempre teran como penitencia ser españoles e do que nunca se daran desprendido. Si para ti ser español é unha tara...fódt, pero para min é unha ledicia, eso incluso a pesar de españoles coma ti.¡Viva España!; único xeito de poder ser galegos. Por outra banda, por aquelas datas das desfeitas dos viquingos, Galicia formaba parte do reino de León ou de Castela.

2 Cachondeorix

Muchas gracias por demostrar de dónde viene el racismo que se le atribuye falsamente al nacionalismo gallego, españolazo. Los españolazos tenéis, desde hace unos años para aquí , la tontería metida en el cuerpo: Primero ni sois visigodos, ni vikingos, ni arios, ni nada más que una mezcla confusa de todo ello con semita y con base del ibero y del celta; Segundo ,los testimonios del paso de los normandos por aquí demostraron lo rastreros que podían llegar a ser cuando se unieron a los musulmanes para que no los masacraran en Galicia. Tercero, es cierto que vinieron aquí por primera vez engañados porque les dijeron que aquí había más riquezas que en Francia, que en ese momento estaba siendo expoliada. Cuarto, por creer en Tor u Odín no se era más europeo, sino menos. Y hazte mirar tu racismo, vale más un herrero musulmán que cien regordetes guerreros vikingos en poder de la droga.