Temas: NEVE LUGO

A neve deixa sen clase a máis de 660 alumnos de 24 centros educativos da provincia de Lugo

Tres centros suspenderon as clases. Os puntos máis complicados están na Fonsagrada, Mondoñedo, A Pontenova, Abadín, Castroverde, Meira, Monterroso, A Pastoriza, Riotorto, Vilalba, Baleira, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Samos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2018 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A presenza de neve na rede viaria galega impediu este martes acudir ás aulas a 667 alumnos de 24 centros educativos da provincia de Lugo, dos cales tres suspenderon as clases.

Mal estado de estradas por neve, temporal, nevadas
Mal estado de estradas por neve, temporal, nevadas | Fonte: Europa Press

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación, este martes foron suspendidas as clases, como xa sucedeu o luns, no CEIP Santa María e no IES Plurilingüe Fontem Albei no municipio da Fonsagrada, con 88 e 96 estudantes afectados, respectivamente. Ademais, este martes tamén se suspenderon as clases no CEIP Antía Cal Vázquez do termo municipal de Muras, con nove alumnos afectados, segundo os datos de Educación.

Tamén a neve impediu chegar ás aulas a estudantes de centros dos municipios lucenses de Mondoñedo, A Pontenova, Abadín, Castroverde, Meira, Monterroso, A Pastoriza, Riotorto, Vilalba, Baleira, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Samos.

Este martes a montaña de Lugo ten aviso amarelo até as 15,00 horas por acumulacións de neve superiores ao cinco centímetros nunha xornada na que continua a presenza de aire frío pero escasa precipitación en Galicia, coa cota de neve por baixo dos 500 metros.

Temas: NEVE LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta