A Asociación Eólica de Galicia, encantada coa recuperación do pulo a este sector tras o decreto da Xunta

Destaca a súa "moderada satisfacción" tras coñecer que Galicia é a segunda autonomía de España en produción eólica e pídelle ás administracións que dea "os pasos necesarios" cunha política que "incentive claramente as enerxías renovables".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Asociación Eólica de Galicia (EGA) manifestou unha "moderada satisfacción" tras coñecer que esta autonomía é a segunda de España en proxectos de enerxías renovables "eólicos na súa gran maioría" unha vez que o Ministerio de Enerxía identificou a súa localización.  Unha satisfacción que coincide co impulso, por parte da Xunta, de varios proxectos eólicos ao amparo da nova lei de fomento empresarial.

EGA destaca que a primeira poxa eólica do ano pasado, celebrada en maio, saldouse coa adxudicación de 3.000 megawatios (MW). Dos 165 proxectos identificados corresponden a doce autonomías, acaparando Aragón o 48,4 por cento do total con 80 proxectos, seguida de Galicia con 25 proxectos.

Con todo, di que "non se contenta coa segunda praza". "Nós aspiramos a recuperar a primeira posición que tivemos historicamente", sinala. Para iso, fai un chamamento a todas as Administracións Públicas para que dean pasos cunha política que incentive claramente as enerxías renovables, mellorando a fiscalidade.

De feito, destaca medidas como a nova normativa da Xunta. "A nova lei de fomento empresarial aprobada en outubro polo Parlamento de Galicia xa permite a axilización das tramitacións administrativas dos parques, pero aínda hai marxe para mellorar, tal como demostrouse en Aragón, comunidade que leva anos facendo as cousas moi ben, e agora recolle o froito duns relevantes investimentos do sector".

MENOS CUSTES NO RECIBO

Os argumentos empregados pola patronal eólica é que, cantos máis parques, menos custará o recibo da luz."O ano pasado, grazas á achega eólica, o prezo medio do mercado eléctrico reduciuse un 20 por cento", dixo. Por iso, EGA defende unha maior electrificación dos usos finais enerxéticos como vía cara a unha electrificación máis rápida da economía e unha maior contribución das enerxías renovables.

Tamén reclama maior coordinación dos distintos organismos con competencia en enerxía a nivel nacional e autonómico, a mellora do proceso produtivo cunha aposta clara pola innovación e o establecemento dun marco regulatorio estable que permita atraer os investimentos necesarios para levar a cabo a transición enerxética.

Este comunicado de EGA coincide coas denuncias feitas pola eurodeputada nacionalista Lidia Senra que levou a nova lei a Bruxelas que xa sancionou a España por este motivo.

Elpresidente de la Xunta en el parque eólico de Malpica
Elpresidente de la Xunta en el parque eólico de Malpica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 marcos sanchez

una gran noticia .

1 Gratuito

Para acabar con Galicia de una vez supongo que tendras intereses porqye sino tonteria semejante cuando van a jo der a galicia no se entiende