Tres estudantes galegos obteñen o Premio Nacional de Formación Profesional

Son de Ferrol, Ourense e Ponteareas e gañaron con proxectos sobre artes gráficas, informática e comunicación e medio ambiente.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/02/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Tres estudantes de Galicia acaban de recibir o premio nacional de Formación Profesional. Un recoñecemento que premia a traxectoria académica e profesional baseada no traballo, o esforzo e a dedicación dos alumnos que finalizan os estudos. Ademais, son estudantes que obtiveron unha cualificación final mínima de 8,5 puntos no ciclo formativo e o premio ao rendemento académico na súa correspondente comunidade autónoma.

Estudantes dun ciclo d FP
Estudantes dun ciclo d FP | Fonte: EP

Con este premio búscase fomentar valores como a superación persoal e a responsabilidade, incentivar a perseveranza no estudo, mellorar a calidade do sistema educativo e poñer ao alumno que aproveita os seus estudos como exemplo e inspiración para unha sociedade baseada no coñecemento e o desenvolvemento.

O Ministerio concedeu un total de 26 premios, un por cada familia profesional, dotados con 1.200 euros cada un, así como dun diploma acreditativo e a súa consecuente inscrición no expediente académico do alumno. Este ano Galicia recibiu tres destes premios, fronte a só un do pasado ano.

Os estudantes premiados son de Ferrol, Ourense e Ponteareas. Trátase de Xose Roi Sóñara Pita, I.E.S Leixa de Ferrol familia de Artes Gráficas; José María Martínez Penedo,do CIFP A Carballeira-Marcos Valcarcel de Ourense, familia Informática e Comunicacións e Rubén Villasenin Iglesias, do CIFP A Granxa - Ponteareas, familia Seguridade e Medio Ambiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Estatal

Será un premio estatal, non nacional