Temas: LIDIA SENRA UE

O debate do cambio da hora en Galicia chega a Bruxelas

A eurodeputada Lidia Senra apoia eliminar o cambio de hora no verán porque ten "impacto negativo" sobre a saúde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2018 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A eurodeputada Lidia Senra apoiou a resolución que insta á Comisión Europea a eliminar o cambio de hora no verán ante os estudos que apuntan a "impactos negativos" sobre a saúde dos humanos, sobre a agricultura ou a seguridade viaria.

[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu
[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu | Fonte: Europa Press

O Parlamento europeo aprobou este xoves unha resolución pola que insta á Comisión Europea a levar a cabo unha "revisión exhaustiva" do cambio de horario de verán. Durante o debate, Senra interveu en nome do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e puxo o foco en que non existen estudos científicos que certifiquen os "efectos positivos" do cambio horario.

Por contra, sinalou que si existen publicacións que alertan dos "impactos negativos" do cambio de hora "na saúde, de forma significativa na calidade do soño, así como na agricultura ou a seguridade viaria".

Nesta liña, incidiu en que Galicia sofre "moito máis" os "impactos" de adiantar o reloxo unha hora durante os meses de verán que noutros puntos de Europa, xa que a "posición xeográfica" do país "é a de Portugal e Inglaterra" e, por contra, figura coa franxa horaria de Berlín.

Así mesmo, Senra mostrou o seu escepticismo sobre o "manido argumento" de que o cambio horario implica aforrar enerxía e lembrou que a Comisión Europea "aínda ten pendente presentar cifras concretas e exactas do suposto aforro enerxético".

Temas: LIDIA SENRA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Posicionándose

Un movemento perfecto. Posicionarse sobre a hora oficial, restaría votos. Mandan á desacreditada a defender a proposta correcta desta volta (compartir fuso horario con Portugal). Problema solucionado. Ala, outro voto que perdestes. Inda que entre as portavozas e as propostas que requiren maiorías absolutas que non existenpo, non creo nin que vos dedes conta de todos os que levades perdido. Aburiño.

6 nostrus

De los cientificos nacionaloides lo único que se puede esperarson chorradas, que para eso le pagan. En lo que a mi respecta me gusta que las tardes de verano sean largos y eso se consigue robandole al dia la primera hora de la madrugada, que madie aprovecha, para trasladarla a la tarde.

5 LKI

Cando menos contraproducente a reacción histérica dos trols do BeNeGá a esta proposta, sobretodo se temos en conta que o debate do cambio horario para Galiza sempre estivo no seu Programa. Pero claro, iso era antes, cando o BeNeGá era algúen e tiña Programa propio. Agora non, como podemos evidenciar ultimamente, o Programa BeNeGallo só ten un punto: "O que digan as mareas, ao contrario".

4 Supersticions non

Isto tampouco esta mal pero debía ter dimitido despois da irresponsabilidade das vacinas. E a que ven iso do SLG organizando unhas xornadas para "mulleres do rural" sobre santos, mal de ollo e herbas curativas? Non está todo relacionado co mesmo medievalismo ruturista

3 A verdade

Vaia fenómena que estou pagando co meu soldo....vaia fenómena.... pufffff