Ciudadanos só quere o castelán como lingua oficial en todo o Estado

Quere aproveitar a crise catalá para facer política atacando a pluriculturalidade do Estado. Remitirá ao Congreso unha lei para prohibir que o galego, o catalán ou o euskera sexan requisito para ser empregado público. Unha proposta que podería ser anticonstitucional.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 09/02/2018 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

“El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”. É o artículo 3 do Título Preliminar da Constitución Española.

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

Unha Constitución Española que Ciudadanos utiliza contra ás formacións independentistas e nacionalistas de Cataluña e que agora pode estar vulnerando porque quere excluír as linguas cooficiais, é dicir, o galego, o euskera e o catalán das administracións públicas e, polo tanto, do ámbito oficial. 

De feito, esta formación rexistrará a próxima semana no Congreso unha proposición de lei para prohibir que o coñecemento das linguas cooficiais sexa un "requisito" para o acceso á función pública e que só se poida contemplar como "mérito" nas comunidades que ten dúas linguas e para ocupar determinados postos.

“CLÁUSULA ANTIDISCRIMINACIÓN”

Así o anunciou este venres nunha rolda de prensa na Cámara Baixa o secretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, quen defendeu que é necesario introducir na lexislación unha "cláusula antidiscriminación" porque o descoñecemento do catalán, o galego ou o euskera non pode ser "unha barreira para o acceso á función pública".

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación uninista de Barcelona
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación uninista de Barcelona | Fonte: Miguel Núñez

En concreto, o que expoñen os de Albert Rivera é unha modificación do artigo 56 do Estatuto Básico do Empregado Público para prohibir que o coñecemento dunha lingua sexa considerada "requisito". Desta forma, explicou Villegas, desenvólvese tamén o artigo 25 da Constitución que consagra o dereito de todos os españois a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos". Con todo, esquécese Villegas de que o artigo 3 recolle que “la riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”.

Segundo a proposta de Ciudadanos, o coñecemento das linguas cooficiais deberá contemplarse só como "un mérito a valorar". O "peso" que terá saber catalán, galego ou euskera na puntuación final dos aspirantes a un emprego público dependerá das características do mesmo.

O CASO CATALÁN AFECTA A GALICIA

De feito, Ciudadanos quere aproveitar a crise catalá –que tan bos resultados electorais lle está dando-- para facer tamén política a costa da lingua. O propio Villegas puxo dous exemplos para explicar o obxectivo da súa iniciativa. No caso de alguén que opte a un posto de profesor de catalán, dixo, ou que imparta as clases nese idioma, o coñecemento da lingua terá máis peso que se oposita para unha praza de cirurxián. Tamén terá máis puntos se coñece o idioma da comunidade na que concursa alguén que traballe de cara ao público que quen realice o seu labor nun arquivo.

"Trátase de que o coñecemento da lingua non sexa unha barreira de entrada para garantir a igualdade e que conte só como un mérito e cun peso proporcional ás necesidades de cada territorio e do posto de traballo", resumiu o dirixente laranxa.

Villegas quixo deixar claro que Ciudadanos impulsa esta reforma "desde o recoñecemento da pluralidade lingüística de España e do coidado e a promoción das linguas cooficiais", pero tamén "do recoñecemento da existencia dunha lingua común", o español, a única, recalcou que todos os españois teñen obrigación de coñecer. "Trátase de evitar que ningunha lexislación autonómica poida introducir o recoñecemento da lingua cooficial como barreira", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

6 urco

Cuidaanos chega tarde na Galiza. Frijol das primeiras medidas que tomou quando ocupou o poder foi a de eliminar a obrigatoriedade do conhecimento do galego nas oposiçons. É que hai que acordar mui cedo pra ganharem a australopithecus carpetovetónico espanholeiro, sempre tam disposto el a fazer méritos galegófobos, a esse aspirante a substituto do barbas.

5 nostrus

Moi boa proposta a de C´s que non exclue ningunha lingua pero antepon os direitos da xente a situacion das linguas, relixions, bandeiras ou calquero outra cousa; primeiro son as personas. C´s recoñece a existencia e a oficialidade do galego e considera un mérito que os funcionarios a coñezan para atender a xente con mellor calidade. Extender o coñecemento do galego a totalidade dos funcionarios é unha imposicion debido a que é esaxerado e innecesario e só odedece a un afan evanxelizador coa lingua galega co que o único que se consigue é odio hacia ela e ao mesmo tempo espanta aos bos profesionales que queiran vir a Galicia.

1 Rivera de la Cruz

Nostrus, como sabes en el próximo año tenemos elecciones municipales, por ello desde Ciudadanos estamos realizando castings para escoger candidatos con buena imagen. No nos importa su nivel cultural, académico ni intelectual. Primamos la fotogenia, el cartel. Igualmente valoramos la capacidad para confundir al adversario, usando la demagogia y la repetición constante como elemento de marketing. Si te interesa, siempre que presentes una imagen elegante, ponte en contacto con nosotros y te candidatamos para El Barco.

2 nostrus

Rivera de la Cruz.... ¿Consideras adecuado exigir a los funcionarios que se disfracen para que no se pierda el carnaval?, ¿crees que se deberia exigir a los funcionarios que acudan a Balaidos para que el Celta gane la liga?, ¿crees que se debe sacrificar la sanidad en beneficio del gallego?, ¿no crees que es suficiente con garantizar que use el gallego todo aquel que lo desee?. A dia de hoy el gallego se ha convertido en el opio del pueblo.

3 Hartito

Nostrus y te parece bien que un ciudadano se dirija a su medico en gallego y este le conteste en castellano me parece que no es muy normal aunque claro los españoles nunca lo fuisteis

4 Bostra

E por certo, creo que se vos preocupades polos funcionarios, máis que pola lingua deberíades preocuparvos por novas coma estas: https://www.economiadigital.es/poli... E aos propios funcionarios que votades a esta xente: en verdade pensades que creades moitas simpatías con este tipo de medidas? Pensádeo.

3 Libertad

Ciudadanos lleva camino de sacar mayoría absoluta con propuestas tan sensatas y deseadas como esta.

1 unmais

Jajajja, despois da que montou o pp en Cataluña, estos pirados queren montala no País Vasco, Galiza, Valencia e Baleares e ser criticados por todas as institucions europeas e da defesa de dereitos humanos no mundo. o que pasa que é solo propaganda para atraer a nacionalistas españois e despois cando gobernen en coalición co Psoe, ou o PP, diran que isto non toca, ¿Queres deixar un comentario?

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Non, ho... Os home do momento serán Sánchez e Errejón... Xa o verás. Pero, seguide gozando das expectativas. En calquera caso, seguramente conseguiredes votos, pero tamén crearedes moita división detrás. E non se ven as cousas da mesma maneira cando se está gobernando que cando se aspira a gobernar. Mira ata o recoñeceu aquel azoute do bipartito que foi Martiño e aquel señor con barba que o acompañaba. Como se chamaba? Beiras, creo. http://www.sermosgaliza.gal/articul... Toda a división que sementedes agora, todo a catalanofobia e ataque as outras linguas a longo prazo volverásevos en contra. Pero, o dito "Carpe diem".

3 Natasha Rostova delasRestrevas

Ese tipo de medidas crean milleiros de independentistas en Cataluña. E cando chegue a hora de recompoñer os lazos e tender pontes quen cres que serán os elixidos: vós? Sánchez e Errejón encaixan moito máis no perfil. E Podemos xa demostrou que o poder non ten nada que temer deles. Son coma un PSOE na transición inda máis descafeinado e dende logo non teñen a ningún Felipe González. Ao único que poderedes aspirar vós será a competir con Podemos por gobernar con Sánchez. E, se vivo, voume rir moito vendo ao ninismo loitando por isto. En verdade, coma se pode ser tan cándido? A historia sempre se repite... Por certo, con respecto a esta cuestión: http://www.diariodemallorca.es/mall... Copio e pego: "—¿Una profesora de la UIB ha de conocer el catalán? —Sí, porque facilita la integración. Lo hablo como puedo, pero la gente te agradece el esfuerzo."

4 Bostra

Y por cierto que se te expresen en un buen castellano, porque digo yo que lla puestos es lo minímo. E dicir, apoiarei esta proposta de Ciudadanos sempre e cando se inclúan probas para garantr que os funcionarios saben falar correctamente o castelán normativo e cun acento neutro. Ou é que a min negádesme a pan e o sal por falar a miña lingua e despois teño que facer esforzos para entender o castrapo que por estes lares gasta algún e algunha. Vedes, só sabedes dividir. Eu negareime a ser atendida se non é no castelán oficial, normativo e con acento neutro. Vós, os votantes, desta xente veredes se queredes seguir apoiándoos nestas causas que moi facilmente e da maneira máis inesperada se vos poden volver na vosa contra. Alá vós.

2 nostrus

Yo estoy de acuerdo que un ciudadano tiene derecho a ser atendido en una lengua cooficial de su territorio, pero para ello no es necesario que absolutamente todos los funcionarios tengan que dominarla y es suficiente con que la comprendan aquellos funcionarios que tengan que atender a los ciudadanos. Para el nacionalismo la lengua se ha convertido en su razon de vivir y sin su lengua de obsesion para ellos la vida no tendria sentido. Al nacionalismo, que le den.....

1 TITFORTAT

Es curioso que seas tú, precisamente, el que acuse a los nacionalistas gallegos de obsesion con la lengua, cuando aquí a los nacionalistas gallegos se les ve tocar todos los temas, mientras que tus intervenciones son exclusivamente para defender la lengua castellana atacando a la gallega u ofenderte porque alguien no quiera a TU idea de España (todo ello mintiendo, muchas veces) . No te vi yo comentar aquí sobre: Industria naval, sector lechero, sector eólico, empleo, emigración, políticas sociales, economía, deuda, sistema sanitario etc. de Galicia . Por lo cual, siguiendo tu forma de hablar falaz e irrespetuosa con las ideas de los demás te digo: a ti y a todos los de tu cuerda que os den...

2 vayapornostrus

Es que a nostrus un nacionalista le mató el perro, por lo que desde aquella no hace otra cosa que tener pesadillas con el nacionalismo