Ciudadanos só quere o castelán como lingua oficial en todo o Estado

Quere aproveitar a crise catalá para facer política atacando a pluriculturalidade do Estado. Remitirá ao Congreso unha lei para prohibir que o galego, o catalán ou o euskera sexan requisito para ser empregado público. Unha proposta que podería ser anticonstitucional.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 09/02/2018 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

“El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”. É o artículo 3 do Título Preliminar da Constitución Española.

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

Unha Constitución Española que Ciudadanos utiliza contra ás formacións independentistas e nacionalistas de Cataluña e que agora pode estar vulnerando porque quere excluír as linguas cooficiais, é dicir, o galego, o euskera e o catalán das administracións públicas e, polo tanto, do ámbito oficial. 

De feito, esta formación rexistrará a próxima semana no Congreso unha proposición de lei para prohibir que o coñecemento das linguas cooficiais sexa un "requisito" para o acceso á función pública e que só se poida contemplar como "mérito" nas comunidades que ten dúas linguas e para ocupar determinados postos.

“CLÁUSULA ANTIDISCRIMINACIÓN”

Así o anunciou este venres nunha rolda de prensa na Cámara Baixa o secretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, quen defendeu que é necesario introducir na lexislación unha "cláusula antidiscriminación" porque o descoñecemento do catalán, o galego ou o euskera non pode ser "unha barreira para o acceso á función pública".

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación uninista de Barcelona
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación uninista de Barcelona | Fonte: Miguel Núñez

En concreto, o que expoñen os de Albert Rivera é unha modificación do artigo 56 do Estatuto Básico do Empregado Público para prohibir que o coñecemento dunha lingua sexa considerada "requisito". Desta forma, explicou Villegas, desenvólvese tamén o artigo 25 da Constitución que consagra o dereito de todos os españois a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos". Con todo, esquécese Villegas de que o artigo 3 recolle que “la riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”.

Segundo a proposta de Ciudadanos, o coñecemento das linguas cooficiais deberá contemplarse só como "un mérito a valorar". O "peso" que terá saber catalán, galego ou euskera na puntuación final dos aspirantes a un emprego público dependerá das características do mesmo.

O CASO CATALÁN AFECTA A GALICIA

De feito, Ciudadanos quere aproveitar a crise catalá –que tan bos resultados electorais lle está dando-- para facer tamén política a costa da lingua. O propio Villegas puxo dous exemplos para explicar o obxectivo da súa iniciativa. No caso de alguén que opte a un posto de profesor de catalán, dixo, ou que imparta as clases nese idioma, o coñecemento da lingua terá máis peso que se oposita para unha praza de cirurxián. Tamén terá máis puntos se coñece o idioma da comunidade na que concursa alguén que traballe de cara ao público que quen realice o seu labor nun arquivo.

"Trátase de que o coñecemento da lingua non sexa unha barreira de entrada para garantir a igualdade e que conte só como un mérito e cun peso proporcional ás necesidades de cada territorio e do posto de traballo", resumiu o dirixente laranxa.

Villegas quixo deixar claro que Ciudadanos impulsa esta reforma "desde o recoñecemento da pluralidade lingüística de España e do coidado e a promoción das linguas cooficiais", pero tamén "do recoñecemento da existencia dunha lingua común", o español, a única, recalcou que todos os españois teñen obrigación de coñecer. "Trátase de evitar que ningunha lexislación autonómica poida introducir o recoñecemento da lingua cooficial como barreira", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

1 anonimo8528

Magnífica propuesta la de Ciudadanos. De todas formas, lo mejor sería someter esta propuesta a un referéndum vinculante.

1 EXPAÑA E VELENO

e tan "magnifica" como todolo demais que fai chupadanos, cando piden mais para o camino de santiAGE, cando piden mais para as bandas de música (chunda-chunda de música pachanga-latino, sacar a lingua a alma do pobo para escravizar a poboación enteira no nome da "P*** expaña seguindo a estela irracional de UPyPP, que noxo non, eu cando lin o tema, pensei no "probe líder impostado polos medios e grandes poderes ALBERTO RIBERA DEL DUERO" e teño claro que caeulle un c*ollon polo ê*scroto e rebotandolle no chan e entrando polo buraco negro do seu c*uciño p*rostitucional, a escea produceme un calofrico que subindo polo espinazo remata na mesma base do cerebelo EXPAÑA O INFERNO!!! O INFERNO COS LADRONS DE EXPAÑOL- P*ROCOS!!! P*ORCOS!!!! P*ORCOS!!! PANDA DE ATASCADOS E SINVERGONZAS!!!