Temas: VENEZUELA

Galegos con pensións de Venezuela mobilizanse para pedirlle ao Goberno español acceso a axudas

Denuncian "inxustiza e desprotección" do Executivo de Rajoy por denegarlle as axudas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2018 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Integrantes da 'Asociación de pensionados e xubilados de Venezuela en Galicia" manifestaranse este martes 13 de febreiro en Vigo para solicitar ao goberno a posibilidade de ter acceso a axudas, ante a falta de pagamento das pensións que terían que percibir do país suramericano.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

O colectivo, que denuncia "inxustiza e desprotección" do goberno español, manifestarase fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Vigo ás 11,30 do martes.

A asociación critica que aos seus integrantes se lles deneguen as axudas por "ter recoñecida unha pensión de Venezuela", que aseguran que non perciben desde hai dous anos, e que a día de hoxe, se a recibiran, sería de 9 euros "debido á desvalorización da moeda venezolana".

A Asociación solicita así cobertura para persoas que "roldan os 70, 80 e 90 anos", que regresan a España despois de emigrar a Venezuela e que teñen "que acudir aos tribunais para que lles recoñezan os seus dereitos a recibir axudas e pensións españolas".

Temas: VENEZUELA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta