Villares: "En Marea é un valor en alza"

O portavoz de En Marea, Luís Villares, di que a súa "cadeira" como líder "está ben afincada" e o seu protagonismo é compartido con outras figuras do espazo da esquerda rupturista como os alcaldes de Ferrol, A Coruña e Santiago. Destaca o bo entendemento coa oposición o que certifica, di, que "hai alternatia" a Feijóo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2018 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reivindicou a súa formación como "un valor en alza" na que a súa "cadeira" como líder "está ben afincada", á vez que engadiu que o seu protagonismo como cabeza visible é compartido con outras figuras do espazo da esquerda rupturista como os alcaldes das 'mareas' que gobernan cidades como Ferrol, A Coruña e Santiago.

Luís Villares en rolda de prensa
Luís Villares en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Luís Villares é un máis que ao que lle corresponde ser o portavoz do espazo político de En Marea. Todo En Marea de arriba abaixo está orgullosa do traballo que fan todos os nosos concellos. Somos todas as voces e unha soa voz", asegurou este domingo na Cadea Ser.

Así, cuestionado sobre o enfrontamento que mantivo esta semana na Cámara galega co presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, quen volveu profundar nos problemas internos de En Marea para atacar a Villares, este último indicou que "a súa cadeira" como portavoz "está ben afincada".

Ademais, cre que En Marea non está a sufrir o desgaste que se percibe a nivel estatal na esquerda rupturista, coa caída nas sondaxes de Unidos Podemos e as súas confluencias. "En Marea é un valor en alza, e cando veñan as enquisas no ámbito galego veremos que isto é así", apostilou.

VE "DECEPCIÓN" NO ELECTORADO CON FEIJÓO

"Hai un descontento coas políticas o goberno de Feijóo. Eles presumen que a crise xa pasou e a xente pregúntase por que non vivimos mellor", asegurou Villares, que afeou a "irresponsabilidade" do Executivo autonómico á hora de enfrontar o conflito aberto cos funcionarios de xustiza, en folga indefinida desde o pasado mércores.

Por outra banda, defendeu que a oposición no Parlamento galego está a demostrar que existe "unha alternativa" ao PP grazas ao seu traballo conxunto en asuntos "chave" como as protestas pola reforma do sistema sanitario.

"Temos boa sintonía en moitos temas que afectan o país, en sanidade, con acordos a nivel municipal para aprobar orzamentos, creo que iso é positivo, é unha boa mensaxe que transmitimos á sociedade, que hai unha alternativa ao PP e que somos capaces de pornos de acordo; por En Marea non vai quedar", concluíu o maxistrado en excedencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 4000 euros e Chofer

Di que si Viyares que cada día lideras mellor, estás mais consolidado e xa che esta saíndo matita pelo

4 Equidistando

En alza cara abaixo, non? http://www.eldiario.es/politica/PP-... Pero se abandonarades aos podemitas (cuxo baixón agás que quiten a Iglesias e o substitúan por Errejón non fará máis que continuar) e vos unides ao bloque nunha confluencia electoral para as Municipais... Ao mellor algo cambiaba. Na unión está a forza e as Mareas hoxe só están perdendo simpatía coa súa unión con Podemos.

1 comunista independentista

Pero aínda existe o Bloque?

3 O PODREIROS ESTA CAENDO

deixa de mentir mesmo onte no Ferrol separouse outra xente da marea de podreiros, e formaron un novo partido "de obediencia -Vieiristas fpg, a marea esta descente o podreiros perde un 30 por cento dos escaños e un 35 por cento dos votos nas ultimas enquisas, o falsario Waldo das JONS e o líder peor valorado de todos (incluso por debaixo do marijuano) meteron no peor dos momentos a gobernar as dereitas, impediron un gobernó alternativo o PP, aquí están os seus logros, o seu sectarismo o seu expañolismo, como vemos na cuestión catalana, etc!!!! caeron en dereitas!!!- agora están pactando coa ultradereitas de chupadanos, aquí están as ideas da marea, aquí están os avances do podreiros, facerlle a cama a chupadanos, primeiro fixeronlle a cama o pepeiro e agora a chupadanos, o pepeiro e chupadanos xa suman 200 escaños no parlamento do expañol!!!!

2 Maréandomeenmarea

Tranquilos, sempre vos quedarán as cancións: https://www.youtube.com/watch?v=ahI... vai chegar en marea e vai mudalo todo vai subir a marea e vai mudalo todo vai chegar en marea

1 Excedente

O Maxistrado no está en excedencia, está en servizos especiais, xerando dereitos pasivos e trienios. O goteo de troliñas inocentes deste tipo desgastan moito. E tampouco hai que avergoñarse de nadar e gardar a roupa, que é moi humano. Moi dado á ocultación o churumbel este.