Feijóo: "Non hai eleccións en 2018; gobernemos"

O presidente da Xunta felicítase de que se aclarou o asunto da débeda das comunidades autónomas e non haxa condonacións

Por E.P. | MADRID | 12/02/2018 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que o PP debe dedicar este ano a gobernar e facer propostas para os cidadáns, porque non é un ano electoral, e en 2019, cando si hai citas coas urnas —en Galicia só municipais—, os votantes decidirán que partidos tomaron máis iniciativas.

Rajoy reúnese cos presidentes rexionais do PP en Xénova
Rajoy reúnese cos presidentes rexionais do PP en Xénova | Fonte: Europa Press

"Non hai eleccións en 2018: gobernemos". Así se pronunciou tras a reunión celebrada en na sede estatal do PP en Madrid presidida por Mariano Rajoy cos 'baróns' do partido, encontro no que segundo Feijóo se falou "do futuro" e de lanzar iniciativas.

Segundo o tamén líder dos populares galegos, non se falou de Ciudadanos, nin o seu auxe nas enquisas: "Non estaba convidado e sería moi difícil saber que opinan sobre o financiamento das comunidades, sobre a auga ou sobre a demografía", censurou.

De feito, este tres asuntos serán obxecto de tres documentos que, segundo Feijóo, presentará o PP en breve. O dirixente galego resaltou a importancia dos tres temas. Con respecto á demografía, subliñou a transcendencia de abordala tamén desde o punto de vista económico porque "ingresos e gastos dependen da demografía", subliñou.

FELICÍTASE DE QUE NON HAXA CONDONACIÓN

Con respecto ao financiamento autonómico, Núñez Feijóo felicitouse de que se aclarou o asunto da débeda, que non haberá condonacións para as comunidades respecto da débeda que contraeron co Estado nos últimos anos.

Unha quita sería un "erro económico", pero, ao seu xuízo, tamén "moral" e ningún cidadán entendería unha condonación de débeda a quen debe diñeiro, advertiu. "Sería complicado pedirlles logo que sigan pagando impostos", agregou.

O presidente da Xunta insistiu en que hai que "pagar a débeda". "Cuestión distinta é que se busquen mecanismos para reestruturala, facilitar os prazos de pago", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Avonda

Pois a ver se começa, que en nove anos só fixo turismo em Madri e cos gastos pagos, nugalhám do caralho.