Botan a un traballador co argumento de que fixo un cartaz de despedida para unha compañeira

“Inditex, escoita, Lefties está en loita”, foi o berro que se escoitou este martes en Vigo. O cadro de persoal desta empresa filial do gran grupo téxtil mobilízase contra un despido que consideran “inxusto e arbitrario”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/02/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Un grupo de traballadoras da compañía téxtil Lefties, do grupo Inditex, mobilizouse este luns ás portas do centro comercial Gran Vía de Vigo para rexeitar o despido “inxusto e arbitrario” dun compañeiro. Dende o comité de empresa denuncian que a firma xustificou a decisión con “argumentos surrealistas” porque "o que pretende é amedrentar o cadro de persoal e esixen a readmisión do afectado".

Así, e segundo os motivos argumetnados pola empresa está que este traballaro realizou en horas de traballo un cartaz de despedida para unha compañeira que marchaba da empresa. "Con iso pretenden amedrentar as empregadas”, denuncian desde a CIG. Neste senso, lembra que se trata do quinto despido que se produce na tenda de Gran Vía nos cinco anos que leva aberta ao público.

Durante a protesta convocada polo comité (CCOO, UGT e CIG) ás portas do centro comercial berráronse consignas como “Inditex, escoita, Lefties está en loita” ou “Amancio, solución, despedido readmisión” e repartíronse panfletos informativos nos que se critica a decisión da empresa e se lembra que o afectado, que ocupaba o cargo de segundo encargado, conta co apoio de toda as súas compañeiras “porque sempre se preocupou polo benestar do cadro de persoal e porque o clima laboral fose o perfecto para desenvolver o noso traballo”.

As mobilizacións de apoio ao traballador convocadas polo comité de empresa de Lefties continuarán este martes diante do centro comercial a partir das 11:30 horas.

Protesta dos traballadores por un despido dun compañeiro de Lefties, do grupo Inditex
Protesta dos traballadores por un despido dun compañeiro de Lefties, do grupo Inditex | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta