Un camión embarranca nunha estrada en Laza, que permanecerá até o martes cortada en ambos os sentidos

Un camión embarrancou este luns na OU-1052, unha das estradas que une Cerdedelo e Toro. Esta vía, que se coñece como a Ruta do Marroquí, permanece cortada o tráfico en ambos os sentidos.

OURENSE | 12/02/2018 | Actualizada ás 21:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un camión embarrancou este luns na OU-1052, unha das estradas que une Cerdedelo e Toro. Esta vía, que se coñece como a Ruta do Marroquí, permanece cortada o tráfico en ambos os sentidos.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Protección Civil, o vehículo, que conduce un traballador polaco que chegou por erro a este punto, permanece atascado nunha ponte e necesita ser retirado por un guindastre especial.

Por iso, as mesmas fontes explicaron que até o martes non poderá ser retirado da vía para que a circulación poida volver á normalidade.

As autoridades xa sinalizaron os desvíos alternativos para que poidan circular os veciños das localidades afectadas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta