Nin con Seedorf

O Deportivo non levanta cabeza e volve sumar unha nova derrota (0-1) que o deixa xa en estado crítico, penúltimo na clasificación.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/02/2018 | Actualizada ás 23:57

Comparte esta noticia

Catro vitorias e 14 derrotas en 23 partidos, 52 goles en contra e 17 puntos son a pobrísima bagaxe do Deportivo da Coruña, situado por méritos propios na penúltima posición da clasificación da Liga. A derrota deste luns en Riazor ante o Betis (0-1) afunde aínda máis aos da Coruña, que baixan un posto e nin sequera dan a sensación de ter mellorado algo coa chegada do novo adestrador, Clarence Seedorf.

Derrota do Deportivo da Coruña co Betis en Riazor
Derrota do Deportivo da Coruña co Betis en Riazor | Fonte: La Liga.

O conxunto galego caeu pola mínima ante un Betis que impuxo o seu maior acerto. Loren catapultó de novo ao conxunto sevillano, co seu terceiro tanto en dous partidos en Liga co primeiro equipo, e os de Setién miran cada vez máis de preto os postos europeos. Pola contra, o Deportivo mostrouse como un equipo totalmente impotente e que se mella resignado ao descenso.

O equipo sevillano impuxo o seu xogo na primeira parte, aínda que con pouca claridade nos últimos metros, onde a defensa deportivista se aplicou con máis contundencia e agresividade que en encontros anteriores. Só as incursións de Joaquín achegaban algo de perigo á portería galega.

Os coruñeses apenas eran capaces de elaborar xogadas de ataque, aínda que cando tiveron oportunidade, fixérono con maior intención que o rival. Zakkari dispuxo da mellor ocasión do primeiro período, cun disparo desde fóra da área que se topou co pao.

Na segunda parte os de Sevilla impuxeron un xogo máis resolutivo en ataque e nada máis comezar Boudebouz enganchou un remate na frontal que fixo traballar a Rubén. Instantes despois, o propio porteiro deportivista tivo que empregarse a fondo para evitar un gol olímpico de Joaquín. Pero non puido evitar o tanto na terceira ocasión clara dos sevillanos, froito dunha boa internada por banda do debutante Junior Firpo, que puxo un bo centro rematado por Loren que rematou no fondo da portería.

Ao cadro coruñés seguíalle custando entrar no partido no segundo período, aínda que no seu primeiro achegamento de perigo, Andone puido anotar o tanto do empate tras recibir un bo pase entre liñas de Cartabia. O lanzamento do romanés estrelouse de nova contra a madeira.

Tentouno o conxunto local, pero seguiu sen atopar o acerto necesario, xogando con moita ansiedade e perdendo outra oportunidade de poder saír do foxo. Celso Borges e de novo Andone estiveron a piques de marcar o gol nos compases finais dun partido que afunde aínda máis aos da Coruña.

FICHA TÉCNICA:

0 - RC Deportivo: Rubén Martínez; Juanfran, Albentosa, Eneko Bóveda, Luisinho; Fede Valverde (Borges, min.18), Krohn-Dehli (Mosquera, min.77); Lucas Pérez, Adrián López, Bakkali (Fede Cartabia, min.61); e Florin Andone.

1 - Real Betis: Adán; Francis, Mandi, Bartra, Amat, Junior; Fabián, Andrés Guardado (Javi García, min.83), Joaquín; Loren (Sergio León, min.74) e Boudebouz (Tello, min.64).

Gol: 0-1, min.54: Loren.

Árbitro: Del Cerro Grande, do colexio madrileño. Mostrou amarilla a Bakkali (min.44), Albentosa (min.64), do Deportivo.

Incidencias: Partido da vixésimo terceira xornada de LaLiga Santander disputado no estadio Abanca-Riazor, ante 20.690 affecionados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 http://www.spnfutbol.es/

The Liverpool 18-19 home kit introduces a classic look in dark red and white, complete with a traditional polo collar. http://www.spnfutbol.es/

2 ovo123

Fai clic na ligazón: podes mercar a camiseta de fútbol que queres http://www.spnfutbol.es/

1 MARYSX

0 - RC Deportivo: Rubén Martínez; Juanfran, Albentosa, Eneko Bóveda, Luisinho; Fede Valverde (Borges, min.18), Krohn-Dehli (Mosquera, min.77); Lucas Pérez, Adrián López, Bakkali (Fede Cartabia, min.61); e Florin Andone.Atletico Madrid