A reserva dos encoros galegos continúa á alza e acada o 62,7% da súa capacidade

A reserva hidráulica galega continúa á alza unha semana máis e acada o 62,7% da súa capacidade, o que supón aumentar en máis dun punto os datos da semana pasada (61,25%).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2018 | Actualizada ás 14:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A reserva hidráulica galega continúa á alza unha semana máis e acada o 62,7% da súa capacidade, o que supón aumentar en máis dun punto os datos da semana pasada (61,25%).

Encoro
Encoro | Fonte: Europa Press

Así, obsérvanse diferenzas de até 15 puntos nas reservas de Galicia Costa (70,2%) e Miño-Sil (55,1%) logo dunha semana de choivas abundantes.

Tanto Galicia Costa como Miño-Sil conta con mellores cifras que nas mesmas datas de febreiro do ano pasado, aínda que están lonxe dos datos de media da última década.

Deste xeito, os encoros de Miño-Sil contan con 1.671 hectómetros cúbicos de auga (eran 1.629 a semana pasada), máis que os 1.665 do ano pasado.

Pola súa banda, os encoros de Galicia Costa están con 480 hectómetros cúbicos (eran 470 fai sete días), por encima dos 433 a 13 de febreiro en 2017.

Despois das choivas das últimas semanas, todas as zonas nas que se dividen as concas hidrográficas de Galicia saíron xa da alerta por seca e atópanse en situación de prealerta, salvo as dos ríos Limia, Sil baixo e Cabe.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta