Vigo, entre as cidades menos sustentables en España

Un estudo asinado por investigadores da Universidade de Santiago evalúa a eficiencia de 26 cidades de todo o Estado. A Coruña e Santiago de Compostela aparecen no grupo de 20 urbes eficientes. Vigo, pola contra, atópase no grupo das ineficientes.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/02/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Vigo, Alacante, Las Palmas, Murcia, Santa Cruz de Tenerife e Valladolid conforman o grupo  de urbes ineficientes en España, entre as grandes cidades e capitais do Estado. Isto é, son cidades non sustentables, onde a calidade de vida se ve minguada polas condicións socioeconómicas e medioambientais. Así o expón un estudo realizado por investigadores do Departamento Enxeñaria Quimica da Universidade de Santiago (USC).

Imaxe da exposición urbana 'O Vigo que [NON] sorrí', con fotografías de Aarón Díez.
Imaxe da exposición urbana 'O Vigo que [NON] sorrí', con fotografías de Aarón Díez.

Os autores do estudo combinaron tres metodoloxías distintas aplicadas a unha mostra de 26 cidades de toda España representativas e con diferentes características de poboación, localización, demandas, economía, topografía e cultura. Esas cidades son: A Coruña, Alacante, Badaxoz, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Xixón, L'Hospitalet de Llobregat, As Palmas, Logroño, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Palma de Mallorca, Pamplona, Santa Cruz de Tenerife, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Toledo, Valencia, Valladolid, Vigo e Zaragoza

Os investigadores elaboraron un modelo de Análise Envolvente de Datos para determinar a eficiencia das cidades, avaliando os indicadores dos tres alicerces da sustentabilidade: económico, social e medioambiental. 

Os resultados da análise identificaron 20 cidades eficientes e seis cidades ineficientes con valores por debaixo do limiar marcado (100%), cunha puntuación de eficiencia entre 57,9% (Alacante) e 85,8% (Vigo). 

Mentres Vigo se sitúa entre as cidades non sustentables desta mostra —con todo, é a mellor posicionada destas—, A Coruña e Santiago de Compostela intégranse no grupo de urbes eficaces, segundo os datos do estudo, que inclúe estas tres urbes galegas entre as 26 analizadas.

Foto: Puerto De Vigo
Foto: Puerto De Vigo

Os investigadores da Universidade de Santiago propoñen a metodoloxía aplicada no seu estudo —cun enfoque integrado e multicriterio— como unha vía fiable para medir a eficacia ou ineficacia das cidades considerando parámetros tales como a proporción de persoas en risco de pobreza e exclusión social, a taxa de desemprego, a proporción de criminoloxía, os espazos educativos, o nivel de educación, o ingreso neto medio, e indicadores mediombientais como consumo de electricidade e auga, lixo xerado, emisións de CO2, reciclaxe, etc.

Os resultados do estudo, asinado por Sara González García, Rocío Manteiga, María Teresa Moreira e Gumersindo Feijoo, publícanse na revista científica Journal of Cleaner Production, nun artigo titulado 'Assessing the sustainability of Spanish cities considering environmental and socio-economic indicators'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta