O Goberno de Rajoy négase a traspasar a Galicia a AP-9, unha das autoestradas máis caras do Estado

Audasa gañou en 2015, case 140 millons polas peaxes. En Marea define ao Goberno central e á concesionaria como o "tándem do espolio" e o BNG asegura que esta nova negativa do Executivo central é a “enésima tomadura de pelo” aos galegos.

Por Galicia Confidencial | Madrid / Compostela | 14/02/2018 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A AP-9 é unha das autoestradas máis caras o Estado e o seu prezo segue aumentando ano tras ano. En 2012 caducaba a súa concesión e tería que ser pública, pero entón goberno popular de José María Aznar, concedeulle a Audasa, a concesionaria desta infraestrutura, unha nova prórroga ata o 2048.

Cabinas de peaxe da autoestrada AP-9
Cabinas de peaxe da autoestrada AP-9 | Fonte: PontevedraViva.

E, novamente, outro goberno do PP, desta volta con Mariano Rajoy ao fronte, négase a traspasar unha vía que xenera cuantiosos beneficios, tal e como xa publicou o GC.  Segundo o informe que Audasa remitiu á Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) en 2016, os ingresos eran de 138,6 millóns, un 3,3% máis que en 2015, dos que 88 millóns foron directamente ao beneficio de explotación. Así, de cada cen euros que a compañía ingresa por peaxes, uns 64 euros son ganancias, sen contar custos financeiros nin amortizacións.  

INTERESES

Audasa pertence ao grupo Itínere, que ten sete concesións de autopistas que suman un total de 612 km, sendo máis da metade deles en Galicia e sendo Autopistas del Atlántico, unha das que máis beneficios lle reporta. Tamén está vinculado ao grupo Sacyr tal e como xa publicou este medio.

Desta volta, foi o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna quen vetou o tramite unha iniciativa do Parlamento galego para traspasar á Xunta a titularidade da autoestrada AP-9 asegurando que non se incorre nunha "discriminación" cara a esta comunidade e recalcando que o Executivo impediu o debate da iniciativa porque suporía un incremento orzamentario de 4.000 millóns de euros.

Audasa, autopista AP-9 Ferrol-frontera portuguesa
Audasa, autopista AP-9 Ferrol-frontera portuguesa

Foi a resposta que de la Serna lle deu á deputada de En Marea Alexandra Fernández, que acusou ao Goberno español de formar xunto á concesionaria Audasa un "tándem do espolio" e acusou ao PP de facerlle o "traballo sucio" e "blanquear os intereses" de Audasa. Ademais, criticou ao Goberno por "cargarse" o principio de autonomía do Parlamento de Galicia, "coa complicidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

NOVAMENTE, A CONSTITUCIÓN

Pola súa banda, de la Serna volveu a esgrimir a Constitución para defender a “constitucionalidade” de vetar este traspaso  que piden todos os partidos galegos porque. E aproveitou para criticar a “solvencia económica” da Xunta, a pesar de que é diso do que presume Feijóo, ao suliñar que para ese traspaso ten que haber unha "garantía" de que é "viable" desde o punto de vista orzamentario e non contravir a Constitución nin o regulamento da Cámara.

O pasado ano, os grupos con representación no Parlamento galego, PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG, aprobaron por unanimidade unha proposición de lei para debater no Congreso a transferencia da AP-9, ante o cal o Goberno exerceu a súa capacidade de veto.

“TRILEIROS E MENTIREIROS”

Esta nova negativa tamén provocou as críticas dos partidos da oposición en Galicia. Así, o viceportavoz de En Marea no Parlamento galego, Antón Sánchez, lamentou estar "gobernados por trileiros e mentireiros" e dixo que é "totalmente falso" un dos argumentos que utilizou o ministro ao aludir a un custo do rescate valorado nuns 4.000 millóns de euros.

Ao seu xuízo, "volveu faltar ao respecto aos galegos" na súa resposta á deputada por En Marea na Cámara Baixa Alexandra Fernández, posto que a última proposición de lei que enviou a Cámara autonómica ao Congreso para debater esta transferencia foi elaborada polos letrados do Parlamento de Galicia e "non falaba de rescate". Fronte a esta "mentira descarada", o viceportavoz de En Marea denunciou que os membros do Goberno de Mariano Rajoy "traballan para a empresa", en relación á concesionaria da AP-9, que é Audasa.

Tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que o veto do ministro faise "coa complicidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. En rolda de prensa, Pontón censurou a "enésima tomadura de pelo aos galegos" e preguntouse se Feijóo "ten pensado facer algo ou xustificar unha situación" que, ao seu xuízo, significa que os galegos "sigan pagando unha estafa xeneralizada".

A dirixente nacionalista manifestou que se "ten que reunir con urxencia a comisión bilateral" na que están representados o Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e débese explicar, engadiu, por que se inaugurou unha obra cando segue habendo traballos pendentes.

Rajoy, Ana Pastor, Rajoy e Íñigo Gómez de la Serna / na inauguración da ampliación da Ponte de Rande / Miguel Núñez
Rajoy, Ana Pastor, Rajoy e Íñigo Gómez de la Serna / na inauguración da ampliación da Ponte de Rande / Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Colonias

As colonias non aproveitan os seus recursos, son explotados por alleos

3 En fin

O BNG non clasificaba de navallada á nación galega esta obra e se opoñía á súa construción?.... E agora piden o traspaso?... En fin.

1 Mais umha

Hai que classificá-la de calote. Mas ao que se vê hai quem está mais preocupado de salvaguardar os interesses de fondos de investimento extrangeiros que os dos esquilmados galegos numha obra amortizada hai anos.

2 En fin

Para o que fala en idioma de galego "aprendido en uni cuando me vine a Santiago desde la Coru". Grazas aos investimentos extranxeiros Galicia está onde está se por vos fose seguiríamos andando por corredoiras coas vaquiñas da man. Sodes tan cenutrios que nin apoiades o gandeiro, nin o forestal nin o industrial, o único que queredes é vivir do aire paseando coas máns nos bolsillos polas terras dos demais. Cala anda e aprende a falar GALEGO.

3 mais umha

Para o baldréu ígnaro. Os teus destroçaram em 35 anos a Galiza e quem mais paus levou foi o rural, em processo de aniquilaçom graças aos peperos. Carregaram-se o sector gandeiro. Alá vai o tantas vezes prometido grupo lácteo galego. Deixaram a planificaçom da política forestal a ENCE, a costa de queimar o país de quando em vez e de estragar a Ria e as suas possibilidades. Que falar das mentiras recurrentes sobre os estaleiros, eólicas e a sua submissom às eléctricas, venda do país às mineiras que só deixarám solos estragados trás de si… Tantas traiçons. Como nom sabes, haverá-che que explicar que os donos actuais da auto-estrada nom a construiram. É umha carteira de fondos especulativos, dos que tanto gostam os teus camaradas. De passo repassa o que estudaches em primária, a ver se és quem de escrever sem gralhas

4 En fin

Vai poñer unha pota bomba anda que é o que entendes por democracia. Se queres dígocho en castellano, a língua que usas cos teus colegas de cañas.

5 mais umha

Mira onde estava o último integrante do Batallón Vasco Español que fichara o Fraga! Por internet trolleando. Renovar-se ou morrer, nom é pasmom? É tranquilo que nom precisas o meu permisso, podes sair do armário e falar em espanhol quanto che pete, que se nota que deveces por isso.

6 expaña ladrons de camiños

e un atraco o pobo e a patria galega, realizado por sefardistas "xudeo internacional" levan os nosos cartos, rouban os nosos paisanos, realizan un.ha actividade económica nos concellos e non pagan os impostos de empresas asi os concellos de Pontevedra deixan de cobrar 4 millons de euros e os de coruña 5 millons, e ti a pagar impostos directos e indirectos e os sefardistas expañolentos "o xudeo internacional" non paga... o pepeiro o pe$oideiro e os mareantes de podreiros están con eles, EXPAÑA E UN ROUBO... (e cos cartos que che sacan dos petos os levan a pagar o roubo de radiais de mandriles (4 mil millos de euros) aquí esta, aquí esta expaña en estado puro, ladroecio e crimen!!!

7 teutonio

Mimá, xente que se cre máis guay porque aprendeu a falar galego na casa.

2 Anonimo

Psra no declararlo persona non grata

1 Anonimo

Algo chupara el cobarde de rajoy de audasa o que se cree que nos creemos que el no chupo del bote