CxG pide a creación duha Policía galega ante o debate de equiparación de soldos de Policía e Garda Civil

Compromiso critica a petición de Ciudadanos para que o Parlamento de Galicia se pronuncie sobre a equiparación de salarios de garda civís e policías nacionais e considera esta acción como torpe e populista.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/02/2018 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia (CxG) tamén se acaba de meter de cheo no debate sobre a equiparación salarial das forzas de seguridade do Estado. Con todo, considera prioritario, a creación dunha Policía galega e avanzar nas competencias recollidas no Estatuto de Autonomía.  Por iso, o seu líder, Juan Carlos Piñeiro, criticou duramente a proposta realizada por Ciudadanos Galicia que cualificou "dunha nova agresión ás competencias de Galicia por parte do partido dos conservadores”.

Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de CxG
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de CxG

A formación galeguista entende como xusta e necesaria a equiparición salarial para a Garda Civil e a Policía Nacional, tal e como pide a formación que lidera Olga Louzau, que esixe 1.500 millóns de € para que a equiparación salarial de Policía e Gardia Civil en Galicia. Pero acusa a Ciudadanos de "agredir" as competencias do goberno galego xa que “na mesma proposta queda claro que este partido non sabe como é o funcionamento da actual policía autonómica galega, que non é tal, xa que depende do estado”.

TRANSFERENCIA TOTAL

Compromiso pide a transferencia total en materia de seguridade que lle corresponde a Galicia segundo o Estatuto de Autonomía. Apunta que esta proposta súa “pensa en Galicia e na calidade de vida dos galegos e galegas, non a dos populistas de dereita da nova política”.

Por outra banda, CxG quere lembrarlle á formación laranxa que a regulación do marco laboral é a negociación dos axentes sociais e as administracións. Co que ademais, a formación presidida por Albert Rivera a nivel estatal, está a provocar “unha clara inxerencia no marco de relacións laborais”. Pide tamén que os partidos políticos fagan o seu labor “dentro das regras de xogo” e que se respecte a todas as forzas de seguridade “independentemente do seu ámbito estatutario”.

Considera que este tipo de iniciativas “non fan máis que enfrontar as partes implicadas”, sendo especialmente arriscada no caso do proposto por Ciudadanos, xa que estaría “poñendo en dúbida a relación de quen ten que estar en perfecta coordinación para garantir a nosa seguridade”. Engade, ademais, que tanto os sindicatos policiais como as asociacións de gardas civís “levan moito tempo traballando neste campo dentro das súas funcións”.

Por último, CxG recomenda á oitava forza en concelleiros dentro de Galiza, “máis rigor nas propostas tocantes a Galicia, cando menos dispor do coñecemento sobre o marco competencial e da realidade” e que “non todo vale para a foto”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 BOA IDEA DE CxG

A GARDA CIVIL NON E DEMOCRATICA E UNHA INSTITUCION FASCISTA E REACCIONARIA!!!!- orixinaria do duque dos ahumados, era militar monoarquico, e institución militar que non deixa moverse os traballadores da seguridade (logo critican a erchainas e mosos pero piden o que gañan), actúan de xeito raro, asi pois dirixen o trafico persoal militar, asi están considerados en europa os 50-60 mil elementos, non lles pagan o pienso que lles teñen que pagar a cousa evolucionou moito, antes eran pastores, agora e xente sin dereitos, pero andan co trapo expañol dun lado para outro reclamando o quen non lles dan os CANS DE PEPEIROS E PE$OIDIEIRSO, agora andan facendo demagoxia chupadanos e mareantes de podreiros, todo e falsia, a G.C debe desaparecer na Galiza deben ser sustituidos por una GARDA RURAL DEMOCRATICA DO POBO GALEGO GRDPG

1 Nexus 6

¿Para qué? La Policía Nacional y La Guardia Civil son más que suficientes para garantizar el orden público, que es de lo que se trata. Estos nazionalistas, en su ansia por hacer seguidismo de sus correligionarios vascos y catalanes, piden una especie de Rapeces de Escuadra o Galitzantza que nadie pide y a nadie interesa. En fín, non teñen outra cousa en que pasar o tempo e da súa cachola saen ideas pregrinas coma esta.

1 Fiuco

Por exemplo coas competencias de tráfico as estradas non serían corredoiras, a ver si pensamos un pouco coa cabeza. tendo esas competencias o recaudado invistese en Galicia non na M30 e polo menos os axentes coñecen donde traballan ademáis de aumentar a seguridade