Unha patrulla combinada da Armada e Marina lusa participan no cuarto día de busca dun pescador no Miño

Este mércores, no marco da cuarta xornada de busca do pescador portugués desaparecido desde o sábado no Río Miño, foi mobilizada unha patrulla combinada da Armada española e a Marina lusa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2018 | Actualizada ás 17:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Este mércores, no marco da cuarta xornada de busca do pescador portugués desaparecido desde o sábado no Río Miño, foi mobilizada unha patrulla combinada da Armada española e a Marina lusa.

Cuarto día de procura dun pescador desaparecido no Río Miño.
Cuarto día de procura dun pescador desaparecido no Río Miño. | Fonte: Europa Press

Segundo informa o Ministerio de Defensa, este mércores mobilizouse unha patrulla combinada da Armada e a Marina Portuguesa que partiu da localidade portuguesa de Melgaço para incidir nas zonas xa batidas en días anteriores. Tamén se procedeu a ampliar a zona de procura até Tui (Pontevedra).

A Armada, a través da Comandancia Naval do Miño, continúa así coordinando, no seu cuarto día de activación, o dispositivo de procura do pescador portugués desaparecido no Río Miño a madrugada do domingo.

Por parte española participan, ademais, embarcacións da Comandancia Naval, do patrulleiro 'Cabo Fradera' e de Bombeiros de Baixo Miño; ademais de patrullas terrestres da Guardia Civil.

O desaparecido é un pescador portugués de 55 anos de idade que, supostamente, supervisaba unha pesqueira de lamprea no Río Miño. O home, veciño do municipio luso de Monçao, desapareceu nun tramo situado entre o concello pontevedrés de Arbo e a vila portuguesa.

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega), a través do CIAE 112 Galicia, activou o luns o protocolo de colaboración transfronteiriza en caso de emerxencia (ARIEM 112) para tratar de localizar ao pescador que buscan na parte portuguesa do Río Miño. Tamén a Deputación de Pontevedra achegou medios ao dispositivo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta