O Congreso pide eliminar privilexios fiscais de concesionarias de autoestradas pese ao rexeitamento do PP

A comisión de Facenda no Congreso aprobou a proposición non de lei de En Marea para eliminar os privilexios fiscais de empresas concesionarias de autoestradas que gozan dunha exención do 95 por cento do pago do imposto de bens e sucesións en virtude dunha lei vixente desde o franquismo.

Santiago de Compostela | 14/02/2018 | Actualizada ás 20:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A comisión de Facenda no Congreso aprobou a proposición non de lei de En Marea para eliminar os privilexios fiscais de empresas concesionarias de autoestradas que gozan dunha exención do 95 por cento do pago do imposto de bens e sucesións en virtude dunha lei vixente desde o franquismo.

Alexandra Fernández, deputada de En Marea
Alexandra Fernández, deputada de En Marea | Fonte: Europa Press

O texto pactado entre o PSOE e o grupo confederal de Unidos Podemos foi aprobado co apoio de Compromís e ERC, 14 en contra, do PP, e 4 abstencións, as de Cidadáns e PNV. E nel establécese que concesionarias como Audasa, que xestiona a autoestrada AP-9 en Galicia, abone enteiramente o imposto de bens e sucesións fronte á exención do 95 por cento do que goza a empresa na actualidade.

Alexandra Fernández, deputada de En Marea, fixo fincapé en que a AP-9 se trata da autoestrada cun período de concesión máis prolongado en España, conta coa xestión até 2048, e benefíciase dunha lei aprobada en 1972, na que se ofrecían grandes incentivos fiscais para que o sector privado asumise estes servizos.

O CASO DA AP-9

"Este privilexio ten gran custo para Galicia", denunciou Fernández, quen sinalou que o pago do cento por cento do IBI suporía cinco millóns de euros para municipios da provincia A Coruña e outro catro millóns nos de Pontevedra.

Por iso, a emenda transaccional fomenta que se apoie aos concellos afectados por estas exencións fiscais nas accións que interpoñan para reclamar o pago íntegro deste imposto.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta