A Igrexa súmase ás críticas do PP e chama a unha misa tras o pregón de Entroido satírico en Compostela

O arcebispo convida a un "acto de desagravio" ao Apóstolo e a virxe do Pilar polo pregón do humorista Carlos Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2018 | Actualizada ás 09:09

Comparte esta noticia

O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o Cabildo da SAMI Catedral expresaron o seu "profundo sentimento de pena" polo pregón satírico do humorista Carlos Santiago no entroido de Compostela e convidaron este sábado a un "acto de desagravio" ao apóstolo Santiago e á virxe do Pilar que consistirá nunha misa.

Acto relixioso na catedral de Santiago no Día de Galicia
Acto relixioso na catedral de Santiago no Día de Galicia | Fonte: xunta.gal

A través dun comunicado de prensa, "facéndose eco do sentimento dos católicos e persoas de boa vontade" de "Santiago e outros lugares", a Catedral de Santiago trasladou o seu "profundo sentimento de pena por un feito tan deplorable como o ocorrido no pregón das festas de Entroido deste ano 2018".

"Non é de recibo que se poida desprezar gravemente a figura do apóstolo que dá nome e fai presente á súa cidade no mundo enteiro", reprocha a Catedral de Santiago en alusión a un pregón satírico do humorista Carlos Santiago no Entroido compostelán. Pregóns e manifestos humorísticos que son comúns nesta época en todas as vilas e cidades do Estado.

Así, subliña que "Santiago e a virxe do Pilar están vinculados á memoria e á vida desta cidade e a todos os Camiños que conducen ao sepulcro do apóstolo". "Sen eles non seriamos o que somos nos distintos ámbitos da sociedade, a cultura, a espiritualidade, etc...", engade. Por iso, defende que "a Igrexa Compostelá foi, e quere seguir sendo, un espazo de encontro, diálogo e acollida con todos aqueles que desexan construír un mundo máis xusto e fraterno".

"Ante un feito que rompe irrespetuosamente co devandito anteriormente, convidamos a un acto de desagravio, ao noso patrón o apóstolo Santiago e a nosa señora a virxe do Pilar", insiste. Para iso, todos os que o desexen poderán participar nunha Vixilia de Oración na Catedral ás 17,30 horas deste sábado, día 17 de febreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti..

A igrexa demandando perdón por un pregón do antroido. Se comezaran iles polos 2.018 anos que levan facendo da no a so cie da de.