Luz verde á planta de biomasa de Curtis e tres proxectos eólicos, con máis de 200 millóns de investimento

O Goberno galego adoptou este xoves, na súa reunión semanal, novas decisións ligadas ao desenvolvemento das enerxías renovables, como a autorización dunha planta de biomasa en Curtis (A Coruña) que, con 113 millóns de investimento, estará operativa en abril de 2020. Será a "máis grande" instalada en Galicia e levará aparellados 550 postos de traballo durante a súa construción, e 130 coa súa posta en marcha.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2018 | Actualizada ás 14:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Goberno galego adoptou este xoves, na súa reunión semanal, novas decisións ligadas ao desenvolvemento das enerxías renovables, como a autorización dunha planta de biomasa en Curtis (A Coruña) que, con 113 millóns de investimento, estará operativa en abril de 2020. Será a "máis grande" instalada en Galicia e levará aparellados 550 postos de traballo durante a súa construción, e 130 coa súa posta en marcha.

Fotos Xunta. Reunión Consello.
Fotos Xunta. Reunión Consello. | Fonte: Europa Press

Ao termo do Consello da Xunta, o xefe do Executivo, Alberto Núñez Feijóo, tamén anunciou a autorización dun novo parque eólico nos municipios lucenses de Guntín, Lugo e Friol; e dúas repotenciacións --unha nas localidades coruñesas de Zas, Santa Comba e Tordoia, e outra en Ponteceso--. En total, o investimento por estas actuacións situarase en 93,3 millóns de euros.

Feijóo destacou que estas actuacións, que tamén serán declaradas de interese especial, súmanse aos 18 parques eólicos que xa se axilizaron por esta vía. "Isto é o que permite a lei de implantación empresarial", esgrimiu o presidente, quen subliñou que, cos parques en marcha por esta vía, entre 2018 e 2020 en Galicia crearanse "7.000 postos de traballo".

"Queremos consolidar a Galicia como referente no sector eólico", subliñou o xefe do Executivo autonómico, quen incidiu en que os catro proxectos que recibiron luz verde no Consello da Xunta supoñen un investimento conxunto que supera os 200 millóns de euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta