O PPdeG tamén rompe a tregua con Ciudadanos: “Só queren buscar réditos electorais”

Feijóo acúsaos de non querer aprobar os orzamentos do Estado por tacticismo político e di que están facendo electoralismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/02/2018 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo e o seu partido en Galicia decidiu romper a ambigüidade das últimas semanas con respecto a Ciudadanos logo da ofensiva iniciada por Rajoy en Madrid. O presidente galego pasou de recoñecer a valía de Rivera e de Arrimadas a cargar contra a súa formación a que acusa de tentar facer “electoralismo”.

Albert Rivera, ofrece unha rolda de prensa no Congreso dos Deputados
Albert Rivera, ofrece unha rolda de prensa no Congreso dos Deputados

Están máis preocupados de buscar réditos electorais que de garantir a gobernabilidade de España”, espetou este xoves Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Foi a resposta que lle deu a unha xornalista de La Sexta que lle preguntou directamente por como ve, agora, a relación entre Ciudadanos e o PP.

Logo da vitoria de C's nas eleccións de Cataluña, moitos dirixentes do PP criticaron duramente o oportunismo político da formación de Rivera, pero Feijóo foi un dos poucos que chamou a facer autocrítica e recoñeceu a valía dos seus dirixentes. Non obstante, esta postura semella que mudou radicalmente, especialmente, logo dos encontronazos que Ciudadanos e populares tiveron en Madrid.

Por iso, o presidente galego acusou a este partido de “electoralista” e de impedir aprobar os orzamentos xerais do Estado por intereses “políticos”. “Non é razonable que tenten condicionar un acordo ao apoio que pode dar o PNV”, dixo. “Se Ciudadanos non quere apoiar ao PP é que non quere que se aproben os PGE”, dixo. “O que están buscando é disculpas pero, así, van saír todos perdendo”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta